VIII proba da Liga Aromon

INFORMACIÓN IMPORTANTE

Data: Sábado 23 Decembro

Lugar de concentración: O lugar do evento será na Illa das Esculturas, no Concello de Pontevedra.

A secretaría estará ao final da rúa Celso Emilio Ferreiro, existindo unha amplia zona de aparcamento en todo o Campus Universitario de Pontevedra.

HORA de inicio de actividade: A secretaría estará aberta a partir das 10.00 para todos aqueles participantes que precisen recoller material e ter unha pequena explicación cos aspectos básicos. Os horarios de saída comezarán ás 10.30 e publicarase o día anterior a proba (22/12/2023) na páxina web de fegado e aromon.

PERCORRIDOS: Será unha proba en modalidade O-Pé que constará de 3 PERCORRIDOS diferentes dependendo das capacidades físico-técnicas do participante, todos os percorridos poderanse facer individualmente ou en equipo:

ori 2023ii

Ini Curta: Recomendado para menores de 8 anos.

Ini Longa: Recomendado para maiores de 8 anos. Existencia de bucles! 1 baliza pola que se terá que pasar varias veces.

Avanzado: Recomendado para todos os adultos que teñan amplia experiencia previa. Existencia de bucles! 1 baliza pola que se terá que pasar varias veces.

CategoríaDistancia*
(km)
Desnivel
(m)
Nº de controisEscalaTempo
máximo
INI – curta2,110191:500060 min
INI – longa2,310201:500060 min
Avanzado3,210281:500060 min

*as distancias están en formato reducido, a distancia real será máis longa.

MAPA e LECCIÓN 0

Para esta VIII proba da Liga, última do ano, teremos un mapa sinxelo tecnicamente, o que permitirá percorridos de rápido avance.
En ningún momento estará permitido acceder ás rúas pavimentadas, transitadas por vehículos, non sendo necesario para o correcto desenvolvemento da proba.

Existencia de bucles nos percorridos INI-longa e Avanzado, balizas polas que se pasará en varias ocasións. Recoméndase a categoría INI-curta para os nenos xa que ao non ter bucles é mais sinxela a súa comprensión.

mapa 1

Obligatorio uso de tarxeta SPORTident: No caso de non dispoñer dunha, o club terá dispoñibles para emprestar, as teremos na secretaría antes de comezar.

Obligatorio pasar por o triángulo de saída: A ruta ata este primeiro punto de orientación será visible ou estará debidamente sinalizada.

Normas da proba: Lembrade que participades nesta proba baixo a vosa propia responsabilidade, asumindo os riscos propios de probas de orientación a pé. No caso de menores de idade, os seus familiares responsables/ acompañantes son os encargados de inscribilos no percorrido adecuado a seu nivel físico e técnico. Todos os menores deberán de ir acompañados dun adulto.

É recomendable que levedes roupa lixeira, e tamén muda de cambio e abrigo, por si nos sorprende un cambio no tempo.

Poderedes levar, como único instrumento de orientación, un compás, aínda que non é obrigado. O mapa coa información dos controis que hai que visitar, recollerédelo no momento de saída na proba.

Todo participante debe prestar axuda a outro que se atope lesionado.

A perda da tarxeta de control, ou non paso por tódolos controis é causa habitual de descualificación no noso deporte, na liga local non descualificamos a ninguén, pero aparecerás ao final da lista de clasificados.

ori 2023iii

HORARIOS

10:00 Apertura secretaría e inicio explicacións
10:30 Primeiras saídas
13:00 Peche de meta

ORGANIZACIÓN e COLABORADORES

Club AROMON Pontevedra Montañeiros A Roelo
Dirección da proba: Teresa Bellón Santos
Percorridos e trazados: Adrián Moreira Alonso

Máis info en www.aromon.es ou ori@aromon.es

ori 2023i
sponsors2324
sponsors2324
cartel
cartel

COMPARTIR: