Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the complianz-gdpr domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/u767443633/domains/aromon.gal/public_html/wp-includes/functions.php on line 6114

Notice: A función _load_textdomain_just_in_time chamouse de forma incorrecta. A carga da tradución para o dominio astra activouse demasiado pronto. Isto adoita ser un indicador de que algún código do plugin ou tema se executa demasiado pronto. As traducións deberían cargarse na acción init ou máis tarde. Por favor, visita Depuración en WordPress para máis información. (Esta mensaxe foi engadida na versión 6.7.0) in /home/u767443633/domains/aromon.gal/public_html/wp-includes/functions.php on line 6114
4ª proba Liga Galega Trail-O. AROMON Siradella 2021 – AROMON

4ª proba Liga Galega Trail-O. AROMON Siradella 2021

[et_pb_section fb_built=”1″ _builder_version=”4.14.4″ _module_preset=”default” global_colors_info=”{}”][et_pb_row _builder_version=”4.14.4″ _module_preset=”default” global_colors_info=”{}”][et_pb_column type=”4_4″ _builder_version=”4.14.4″ _module_preset=”default” global_colors_info=”{}”][et_pb_text _builder_version=”4.14.4″ _module_preset=”default” hover_enabled=”0″ global_colors_info=”{}” sticky_enabled=”0″]

O pasado día 27 de novembro o club AROMON cerraba a temporada 2021 da FEGADO na súa XXX Liga Galega de Orientación a Pé e na I Liga Galega de Trail-O, organizando as últimas probas de este ano (8ª e 4ª respectivamente).

Ámbolos eventos se celebraron nas marabillosas paraxes do monte Siradella, no O Grove.

Coa situación de vixilancia ante o Covid 19, respectouse escrupulosamente o protocolo vixente da Federación, aprobado pola Xunta de Galicia.

O arranque da xornada foi o Campionato Galego de Distancia Media de Orientación a Pé, que comezou ás 10:00 horas. A meteoroloxía acompañou e, excepto algunha chaparrada mentres se montaban balizas, a maña descorreu soleada, inda que de temperatura fresca.

Uns 200 orientadores federados se reuniron para gozar do terreo técnico que lles esperaba, unha combinación de piñeirais areosos e ladeiras rochosas, con variedade de vexetación e de técnicas de progresión.

O trazado dos recorridos exixiu esforzo físico, adaptación aos cambios de dirección e distintos tipos de terreos, con zonas de carreira limpa e rápida, zonas de lectura precisa entre grandes elementos de rocha e zonas de carreira lenta de escasa visibilidade e vexetación frondosa, todo aderezado coa proximidade do mar e a espectacular praia de A Lanzada e seu istmo dunar.

Os participantes transmitíronlle á organización a súa satisfacción por desfrutar dun mapa tan técnico e bonito, que moitos non coñecían, e apenas usado.

Debido á protección medioambiental existente en diversas partes do mapa, algunhas zonas foron prohibidas e excluídas dos trazados, sendo respectadas por tódolos orientadores e supervisado o exquisito cumprimento da normativa pola organización.

Unha vez finalizada a proba de Orientación a Pé se preparou o seguinte fito da xornada, o evento de Trail-O, a 4ª proba da Iª Liga Galega, unha competición onde o importante non é a cualidade física senón a calidade técnica e a resolución dos desafíos planeados polo trazador.

Ás 14:30 horas, arrancando dende o interior do Centro Vacacional de A Lanzada e ao longo da vía peonal que transcorre paralela ao mapa, os orientadores resolveron un primeiro control cronometrado con tres desafíos (6 balizas en elementos rochosos situados nunha ladeira), e logo 17 desafíos máis en variedade de elementos, desde análise de curva de nivel e formas do terreo, pasando por pedras e afloramentos, coa nosa vexetación sempre matizando a zona. Foi considerada unha proba moi técnica onde ningún dos participantes logrou resolver favorablemente tódolos desafíos planeados.

O recorrido era duns 1100 metros, sensiblemente plano e de grande espectacularidade, có monte Siradella e as súas ladeiras sempre presentes. Tamén pola tarde a meteoroloxía foi respectuosa cos competidores axudando ao desfrute da xornada.

Todo foron felicitacións ao equipo humano organizador das probas, que, con grande xenerosidade, esforzo e dedicación, montaron os eventos de alta calidade, deixando en moi bo lugar o nome do club AROMON Pontevedra.

O traballo das socias e socios do club é impagable e os resultados relocen grazas a ese ánimo colaborador.

A próxima temporada 2022 nos espera, organizando MTBO, Trail-O e Raid…

Pódense ver as fotos da proba no álbum:

https://photos.app.goo.gl/ZnDwJ7B2LBZPopvs6

Onde podedes descargar as que máis vos guste.

Vémonos no monte!

Unha crónica de Ángel Álvarez Serto

[/et_pb_text][/et_pb_column][/et_pb_row][/et_pb_section][et_pb_section fb_built=”1″ _builder_version=”4.14.4″ _module_preset=”default” global_colors_info=”{}”][et_pb_row _builder_version=”4.14.4″ _module_preset=”default” global_colors_info=”{}”][et_pb_column type=”4_4″ _builder_version=”4.14.4″ _module_preset=”default” global_colors_info=”{}”][et_pb_gallery gallery_ids=”11205,11206,11207,11208,11209,11210,11211,11212,11213,11214″ show_title_and_caption=”off” _builder_version=”4.14.4″ _module_preset=”default” global_colors_info=”{}”][/et_pb_gallery][/et_pb_column][/et_pb_row][/et_pb_section]

COMPARTIR: