[et_pb_section fb_built=”1″ _builder_version=”4.14.2″ _module_preset=”default” global_colors_info=”{}” hover_enabled=”0″ sticky_enabled=”0″][et_pb_row _builder_version=”4.14.2″ _module_preset=”default” global_colors_info=”{}”][et_pb_column type=”4_4″ _builder_version=”4.14.2″ _module_preset=”default” global_colors_info=”{}”][et_pb_text _builder_version=”4.14.2″ _module_preset=”default” hover_enabled=”0″ global_colors_info=”{}” sticky_enabled=”0″]
A Xornada de Escalada do pasado domingo 28 de novembro organizada polo Club AROMON, e celebrada no Rocódromo Municipal do Concello de Pontevedra, en colaboración có Centro de Recursos Educativos (CRE) da ONCE de Pontevedra foi todo un éxito.
Este grupo de nenos e nenas levan esperando realizar con nos esta actividade desde que comenzou a pandemia, e por fin o noso Club puído poñer toda a ilusión, gañas e esforzo ao seu servizo.
Comenzamos a nosa actividade cunha sesión previa o día anterior no CRE da ONCE onde Raquel Castro levou distinto material de escalada (arnés, mosquetóns, cascos, pés de gato, así como distintas presas), para que puideran tocalo e familiarizarse con el. Esta parte foi estupenda, pois ao chegar o día seguinte a realizar a Xornada de Escalada todos e todas sabían que material ían utilizar e para que servía, o que sen dúbida deulles maior confianza cara á actividade proposta.
Xa na xornada de escalada, comenzaron facendo escalada de Bulder tocando as presas a ras do chan ao longo de todo o rocódromo, onde nos fomos intercalando entre eles, para guialos e dicirlles como era mellor agarrar unhas e outras presas. Despois pasaron a desprazarse lateralmente, pero cos pés xa elevados nas presas. Ao estar detrás tocándolles constantemente, guiando os seus movementos, fixo que rapidamente pediran máis e máis e entón… pasamos ás alturas!
Foi todo un reto ir escalando xunto a eles na vía contigua, para darlles confianza e guialos nos seus movementos, tanto no ascenso coma na baixada. Isto foi só ao principio, porque moitos se aventuraron a escalar sen un guía ao lado conforme ía pasando a xornada, unha auténtica pasada!
Sorprendeunos gratamente o comentario dalgunha das acompañantes, pois non esperaban dalgún neno ou nena que puidesen chegar tan alto e desfrutaran tanto coa escalada, iso queda no corazón de todos os que estivemos nesta actividade.
Sen dúbida, a colaboración das monitoras e profesoras de educación física foi esencial, pendentes en todo momento por si necesitábamos a súa axuda. Hasta conseguimos que todas elas escalaran ao final da sesión, acción que foi aplaudida por todos os asistentes con grande entusiasmo.
Se nunca tedes escalado cos ollos tapados vos recomendamos que o probedes, pois sentiredes a dificultade que isto supón e por iso toda nosa admiración e cariño para este grupo tan estupendo de nenos e nenas que viñeron a coñecer a escalada con nos.
Compartimos unha experiencia de superación inesquecible con este grupo da ONCE.
¡Nin todos os coñecementos do mundo te fan aprender tanto como unha experiencia así!
Grazas á colaboración de Raquel, Carlos Raúl, Iván, David, Manolo e Hugo, por escalar xunto a estes campións de vida, onde máis que ensinarlles aprendemos de eles.
[/et_pb_text][et_pb_gallery gallery_ids=”11165,11171,11169,11167,11164,11170,11168,11166″ posts_number=”8″ show_title_and_caption=”off” show_pagination=”off” hover_icon=”P||divi||400″ _builder_version=”4.14.2″ _module_preset=”default” custom_margin=”0px|0px|0px|0px|true|true” custom_padding=”0px|0px|0px|0px|true|true” border_style_all_image=”none” global_colors_info=”{}”][/et_pb_gallery][/et_pb_column][/et_pb_row][et_pb_row _builder_version=”4.14.2″ _module_preset=”default”][et_pb_column _builder_version=”4.14.2″ _module_preset=”default” type=”4_4″][et_pb_text _builder_version=”4.14.2″ _module_preset=”default” hover_enabled=”0″ sticky_enabled=”0″]
Vogalía de Escalada
[/et_pb_text][/et_pb_column][/et_pb_row][/et_pb_section]