Xa está aberto o prazo para a tramitación de licenzas de Orientación FEDO 2022.
Podes ver o cadro coas modalidades e os prezos para esta tempada que empeza.
Para facer os trámites:
- Se queres tramitar a túa licenza achéganos un correo-e cos teus datos actualizados (nome e apelidos, DNI, data de nacemento, correo-e, teléfono e dirección de contacto) a aromon@aromon.es xunto ca modalidade de licenza a tramitar
- Para a tramitación de novas licenzas de orientación é necesario presentar cubertos e asinados os documentos de PDD FEGADO e FEDO (se vos indicará na contestación á vosa solicitude no caso de estar pendente esta documentación)
- Os menores de 16 anos federados dispoñen dun desconto XOGADE na licenza TIPO C (tipo C normal 9€, tipo C de primeiro ano 5€), polo que ante calquera dúbida consultade previamente a cantidade familiar a ingresar. Se o menor federado quere renunciar á cobertura XOGADE hai que indicalo expresamente
- Aqueles socios que así o desexen poden facer o pago da cota de socio 2022 e logo non se lles pasará domiciliación. Achegamos documento actualizado cas cotas de socio 2022.
- No correo-e debe vir adxunto un xustificante de pago co ingreso correspondente ao número de conta do club: CAIXA RURAL GALEGA ES27 3070 0047 9362 6495 0129 indicando no concepto: tipo licenza+cota socio nome apelidos
- As licenzas por obxectivos de organización deben solicitarse de xeito expreso, é dicir, non se tramitan por defecto. O socio pode renunciar a esta bonificación. Adxuntamos arquivo actualizado cos prezos das licenzas 2022
- Activaremos a tramitación das licenzas A e C a través da web nos vindeiros días, mentres poderedes tramitala pola vía tradicional (correo-e ou na oficina do club). Licenzas de primeiro ano, XOGADE ou por obxectivos deberán solicitarse a través de aromon@aromon.es
A partires de xaneiro abriremos tódolos venres LABORAIS de 20:00 a 21:30h
Para calquera dúbida ao respecto quedamos á vosa disposición.
Saúde e feliz 2022!