Sendeirismo – Circular do Xiabre “Findano”

Datas para o evento

O 21 Decembro, 2024 á s 09:00

Localización

Monte Xiabre

Punto de partida/chegada no Encoro do Con, Castrogundín (Vilagarcía de Arousa).

Organizan: Xosé Iglesias e José Valdivia.

Dificultade: 18 km de percorrido.

INSCRICION: Inclúe organización, seguro e monitores.

DESCRICIÓN: O monte Xiabre é a maior elevación da península do Salnés con 641 m. e un mirador privilexiado de toda a contorna. A pesar de que medioambientalmente está bastante deteriorado polos eólicos, especies invasoras, incendios, canteiras e pistas, garda moita historia, e un grande valor paisaxístico. A ruta parte e termina no mesmo punto no “Encoro do Con”, en Castrogudín. Dende alí ascenderemos ata o mirador chamado A Cruz do Xiabre (390 m), continuaremos por un camiño salferido por eólicos e pistas asfaltadas que nos levarán ata o Alto da Meda (641 m), dende onde podemos divisar a ría de Arousa, a península do Barbanza, boa parte do val do Salnés e do Umia, tamén as illas Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada. O regreso a Castrogudín lévanos por camiños entre eucaliptos e canteiras completando un percorrido total de 18 km.

MATERIAL ACONSELLADO: Roupa e calzado cómodo e de abrigo, chuvasqueiro si hai previsión de choiva ou vento, comida e auga para o día, e lembrade que é a actividade de “FINDANO” polo que vos pregamos que traiades algúnha larpeirada para festexar que facemos actividades!!!

INSCRICIÓN

Localización

COMPARTIR:

Máis información

Organiza: Vogalía de Sendeirismo

Organiza: Vogalía de Sendeirismo

Localización: Monte Xiabre
Poboación: Vilagarcía de Arousa
Provincia: Pontevedra
País: España

Datas da actividade

1
Desde 21 Decembro, 2024 ás 09:00 ,
ata o día 21 Decembro, 2024 ás 17:00

Taboa de prezos

Tipo de billete Prezo
Socia/o FEDERAD/O menor 18 anos 5 €
Socio/a FEDERADO/A 10 €
SOCIO/A 12 €
MENOR de 18 anos 12 €
NON Socio/a 20 €