Lugar.- Folgoso do Courel
Organizan.- Carmiña e Manolo.
Saída.- Venres 7 de novembro ás 18:00h no Pavillón dos Deportes de Pontevedra.
Os menores deberán vir acompañados dun adulto ao seu cargo
Inscrición.- Inclúe organización, monitores, seguros, cea do sábado 8 no Mesón O Mirador (entrante+primeiro+postre+café e bebidas), 2 noites de pernocta no albergue do Folgoso (venres 7 e sábado 8) en literas con saba, manta e toalla por persoa (non fai falta saco de durmir), no albergue teremos zona para almorzar/cear, placa cociña, neveira, micro, cafeteira e vaixela. Desprazamento e resto de comidas por conta do participante.
Desenvolvemento.- Faremos viaxe (2 horas 45’ aprox.) ata Folgoso. O sábado faremos un roteiro de montaña e bosque e o Domingo faremos unha actividade similar pero mais curta, para acabar antes do xantar, que organizaremos nas proximidades, Restaurante ou bocadillo segundo se queira, fora do custo da actividade.
Material.- Estamos en Montaña e en outono, precisaremos roupa de abrigo, chuvasqueiro/curtaventos, calzado e roupa para camiñar, e que nunca falte moitas gañas de desfrutar.
*Os impostos poderían variar en función da dirección de facturación facilitada