Pechamos este Agosto coa inspiradora nova de que catro dos nosos socios levaron a cabo recentemente a ascensión ó Kilimanjaro, o monte máis alto de África.
Foi no amencer do 26 de Agosto, cando Luis Aguión, Almudena Canales e Arturo Lozano acadaron o cumio do Huhuro, o meirande dos tres volcáns inactivos que forman o comunmente coñecido Monte Kilimanjaro.
A ascensión comezou dende o campo base ás 12 da noite, dando paso a unha travesía noctura que culminaría ás 6:45 da madrugada, tras alcanzar os 5895 m de altitude do pico.
Grazas a que o día estaba despexado puideron desfrutar das espetaculares vistas, aínda que o abundante vento e as baixas temperaturas (-10ºC) difi cultaron ó ascenso.
Adxuntamos nesta nova tres imaxes tomadas por eles mesmos no trascurso da súa viaxe.
Queremos mencionar tamén ó noso compañeiro Diego, quen tamén realizou esta ascensión no mes de xuño.
Parabéns a todxs!


