Escalada – Curso de iniciación en rocha en Marín

Datas para o evento

O 11 Decembro, 2025 á s 19:00

Localización

Loira

Zona de Escalada de Loira


CURSO DE INICIACIÓN Á ESCALADA

1. IDENTIFICACIÓN DO CURSO

XERAL: Nivel 1 de Escalada (E1) “Iniciación”, seguindo os parámetros da Escolga Galega de Alta Montaña da Federación Galega de Montañismo, e da Escuela Española de Alta Montaña da Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada, +info https://fedme.edu.es/formacion-para-deportistas 

DATAS E HORAS DO CURSO: Xoves 11/Nadal (de 19h a 22h) nun lugar de Marín a concretar, e o sábado 13/Nadal e domingo 14/Nadal (de 10.00h a 17.00h) na Zona de Escalada de Loira.

LUGAR: Zona de Escalada de Loira (Marín). A data e o lugar poderá sufrir variacións motivadas axeitadamente.


2. EN QUE CONSISTE O CURSO

OBXECTIVOS DO CURSO: Que o alumno/a adquira as técnicas básicas de seguridade e progresión da escalada en rocha dotándoo de coñecementos que lle garantan a seguridade no desenvolvemento da súa actividade.

CONTIDOS TEÓRICOS E PRÁCTICOS: Coñecementos do material básico de escalada en rocha / Nós / Técnicas de descolgue / Cadea dinámica de seguridade e desenvolvemento dunha ascensión / Aseguramento de primeiro de corda, en io-io, e aseguramento dinámico / Medio ambiente / Elección de itinerarios (información e dificultades) / Material técnico de seguridade / Aseguramento. 

RATIO E ALUMNOS/AS TOTAIS: 1 técnico/a por cada 4 alumnos/as (ata un máximo de 12); o mínimo de alumnos/as será de 5 persoas.

PROFESORADO: Técnicos/as do Club AROMON (pertencente á Federación Galega de Montañismo, e á Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada).


3.OBRIGAS

REQUISITOS BÁSICOS: Idade mínima de 16 anos ao inicio do curso (con autorización familiar asinada e persoa maior de idade ao cargo do/a menor no propio curso), e ter capacidades físico/técnicas axeitadas a actividade desenrolar.

EXPERIENCIA DEPORTIVA: Os/as participantes non teñen porque ter escalado nunca.

MATERIAL INDIVIDUAL: Roupa cómoda adaptada as condicións de cada día, calzado con sola dura para montaña.


4. INSCRICIÓN E ADMINISTRACIÓN

PREZO E SISTEMA DE PAGO: O prezo do curso é de balde para veciños e veciñas de Marín (presentar DNI con enderezo en Marín, certificado de empadroamento,…), para persoas de fora de Marín terán que pagar 130€ polo curso.

SISTEMA DE INSCRICIÓN: Accede a aromon.gal e inscríbete; as prazas cubriranse por estrita orde de inscrición ata 2 xoves antes do inicio do curso. Calquera dúbida podes consultar en info@aromon.gal 

DEVOLUCIÓNS ECONÓMICAS: Terán que ser solicitadas expresamente polo interesado/a nun correo-e enviado a info@aromon.gal e terán dereito á devolución total da cota, só as persoas enfermas ou lesionadas que o comunicaran previamente cun mínimo de 48h antes do comezo do curso, obrigatoriamente enviando xunto un certificado médico oficial, asinado por un colexiado/a, indicando a imposibilidade de participar.


5. ACOLLIDA

TRANSPORTE: Non haberá transporte oficial polo que cada alumno/a terá que desprazarse polos seus medios. De todos os xeitos é moito máis ecolóxico e económico compartir transporte para acudir aos cursos.

MANUTENCIÓN: Non haberá ningún tipo de manutención a cargo do curso. Para os días de actividade recomendamos levar comida de monte moi enerxética, así como facer unha perfecta hidratación preparada, porque estaremos todo o tempo na zona de escalada e só pararemos para picar o que traiades.


6. VARIOS

DOCUMENTACIÓN A PORTAR AO INICIO DO CURSO: Dende días antes, incluso ao inicio do curso, ao alumnado se lle poderá requirir que mostre o seu DNI, o xustificante de pago (en caso de ser de fora de Marín).

MATERIAL INDIVIDUAL OPCIONAL: En caso de dispoñer algún deste material deportivo e levalo ao curso, por favor escríbeo á hora de inscribirte e para saber o que cada un ten, a saber: casco de escalada (homologación CE-EN 12492:2012), arnés (homologado CE-EN 12277:2016 Tipo C), 2 mosquetóns con dispositivo de peche de seguridade tipo H (CE-EN12275:2013), dispositivo de freado asistido ou semiautomático (CE-EN 15151-1:2012 Tipo 6), pés de gato.

MATERIAL DEPORTIVO: O Club AROMON disporá de todo o material necesario en caso de que o/a deportista non dispoña do material individual opcional.

EXPULSIÓN DO CURSO: Calquera persoa que incumpra os requisitos obrigatorios de experiencia, material ou administrativos, ou que non cumpra intencionadamente as instrucións dos técnicos/as poñendo en risco a súa propia seguridade ou a seguridade de calquera dos outros participantes no curso, poderá ser expulsada do curso sen dereito de compensación económica ou formativa.

COMUNICACIÓN ENTRE PARTICIPANTES: Crearase un grupo de WhatsApp voluntario entre todos os/as participantes só para resolver comunitariamente dúbidas que puideran xerarse en días previos ao inicio do curso, organizar viaxe,…

BOLSAS DE AXUDA: Este curso está subvencionado ao 100% polo Concello de Marín para os veciños/as de Marín, que terán preferencia no listaxe de admitidos/as.

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA: Petit, Arnaud. Escalada: Iniciación, placer y progresión. Desnivel 2019, Alfonso Louro e Gustavo Vázquez (2020) “Rocha Nai” Editorial Campo IV Alpinismo ISBN 978-84-9399-076-3, de Kathleen Meyer (2014) “Cómo cagar en el monte” Ediciones Desnivel ISBN 9788498293128, Máximo Murcia Aguilera (2016) “Manual de Escalada Libre” Editorial Desnivel ISBN 9788498293500


MÁIS INFORMACIÓN: Club AROMON en info@aromon.gal ou en aromon.gal

Localización

COMPARTIR:

Máis información

Organiza: Vogalía de Escalada

Organiza: Vogalía de Escalada

Localización: Loira
Poboación: Marín
Provincia: Pontevedra
País: España

Datas da actividade

1
Desde 11 Decembro, 2025 ás 19:00 ,
ata o día 14 Decembro, 2025 ás 17:00

Taboa de prezos

Tipo de billete Prezo
Veciños/as de Marín (presentar DNI con enderezo en Marín, certificado de empadroamento,...) 0 €
Persoas que non teñan residencia en Marín 130 €