OBXECTIVOS:
– Actividade en autosuficiencia con coñecementos de montaña invernal.
– Adestrar técnicas de progresión/seguridade en Alpinismo (montaña invernal).
DATAS: De 20 a 22 de febreiro
PARTICIPANTES: Ata un máximo de 9 participantes maiores de idade, SOCIAS/OS do club AROMON, obrigatoriamente FEDERADOS en Montaña (FEDME mod.B mínimo) no día da actividade.
O CUSTO INCLÚE: Desprazamento en coches dos participantes (0,26€/km), 2 noites de aloxamento no Albergue de Triollo e coordinación da actividade.
ALOXAMENTO: Albergue de Triollo (Palencia), onde faremos os almorzos e ceas. Dispón de duchas.
PLAN de VIAXE e ACTIVIDADE DEPORTIVA:
Saída o venres 20 de febreiro dende Pontevedra en coches particulares (levar cadeas, aconsellable) e durmida no Albergue de Triollo (cea, aloxamento e almorzo), uns 550 km.
O sábado 21. Ascensión ao Espigüete pola vía NorEste. As pendentes poden chegar nalgún punto a ser de 60º de inclinación.
O domingo 1. Corredor no Curavacas (dependendo condicións), as pendentes poden chegar nalgún punto a ser de 60º de inclinación. Retorno a Pontevedra.
PERFIL das/os DEPORTISTAS/OS: Participantes co curso de montañismo invernal N2B da Escola Galega de Alta Montaña feito ou similar doutras institucións (ou experiencia demostrable), boa forma física para camiñar na neve e no xeo durante dous días seguidos subindo e baixando moito desnivel, e con autosuficiencia na progresión en montaña invernal. Imprescindible dominio no uso de crampóns e piolet en palas de 50º-60º, con experiencia en montaña invernal e dominar as manobras de seguridade de autodetención
REQUISITOS MATERIAL: Piolet, crampóns, casco, roupa e calzado de alta montaña invernal (botas semiríxidas o ríxidas), luvas, gorro, polainas, gafas de sol e crema solar, lanterna frontal, mochila mínima 35 litros e comida e bebida axeitada para o día.
CÓDIGO M.I.D.E.:
Horario 5 (+ 10 h) – Desnivel subida 3 (1000 m) – Desnivel baixada 4 (1000 m) – Distancia horizontal 4 (+15 km)
Tipo percorrido CIRCULAR e en condicións INVERNAIS con pendentes de neve 40º-60º.
TRANSPORTE: Vehículos propios.