Punto de partida dende dende o aparcadoiro de Lourido á carón do Restaurante “Isla de Tambo”. Quedamos alí ás 9:30 horas. Non se reorganizan coches.
Organizan: Chus Abilleira e Carlos Morais.
INSCRICIÓN: Inclúe organización, seguro e monitores.
DESCRICIÓN: Domingo 19 de abril: Comenzaremos o percorrido no aparcadoiro de Lourido xunto ó restaurante “Isla de Tambo”. Seguiremos pola senda costeira, pasando pola praia de Cabeceira ata o Área Recreativa da Seca. Comenzaremos a subir un pouco máis adiante seguindo o Rego do Pereiro, con abundante auga e vistosas fervenzas. Tras subir por unha esixente devasa chegaremos ó Área Recreativa de Castro co coñecido Bosque de Colón formado por grandes secuoyas. Dende este punto e pasando polo Campo de Golf de Meis chegaremos ao lugar de A Escusa, no que comenzaremos a subida ao pico Castrove duns 615 m de altitude e bonitas vistas da Ría de Arousa. O descenso realizaremolo pola cara noroeste ata A Escusa. A partir de eiquí os sendeiros e pistas de baixada serán por terras de laboura, eucaliptais e carballeiras, pasando por lugares como Río Mouro, Ucha e a Capela de San Martiño ata chegar de novo ao Área Recreativa da Seca e chegada aos coches pola senda costeira.
DIFICULTADE: Baixa, aproximadamente 26 km.
MATERIAL ACONSELLADO: Roupa e calzado cómodo e de abrigo, chuvasqueiro si hai previsión de choiva ou vento, comida e auga para o día, gorra, gafas de sol, crema solar e bastóns.