IMPORTANTE: Peche de inscrición o mércores 15 de abril, para poder xestionar o aloxamento. Despois desta data informaremos as/os participantes inscritos a modalidade de aloxamento.
Desenvolvemento: Actividade de dificultade MEDIA.
Acordaremos horario de saída e lugar no grupo de whatsapp que crearemos cos participantes para coordinar a actividade.
Programación:
Dia 1 – Pico Yordas (1.964 m)
Sairemos do pobo de Liegos por unha pista, que deixaremos para coller un faiedo que nos subirà ata a pasaxe de Baulloso dende o que veremos a antecima e cun último esforzo chegaremos ao cumio .
– Distancia aproximada 20 Km. Desnivel aproximado 800 m Dificultade técnica: Baixa. Duracion aproximadamente de 8 a 9 horas.
Dia 2 – Peña Ten (2.142 m)
Sairemos da Uña, faremos sobre un Km de estrada e tomaremos o camiño do pobo de Ventanilla, o cal deixaremos para dirixirnos ao porto de Corvas, seguiremos a ascensión ata un cresterio sinxelo duns 700 m que nos dirixe ata o cumio.
– Distancia aproximada 16 Km. Desnivel aproximado 985 m. Duración 7 a 8 holas Dificultade técnica Media.
Dia 3 – Pico Gilbo (1.466 m)
Sairemos do aparcadoir situado ao final da ponte do encoro de Riaño. Da calzada sae unha pista que vai bordeando o encoro. Tras un percorrido dun quilómetro, entraremos nun faiedo que nos leva a pasaxe do Gilbo, dende ahÍ por unha senda estreita e algo exposta chegaremos ao cumio.
– Distancia aproximada 8 Km. Desnivel aproximado 571 m duración 4 ou 5 horas. Dificultade técnica Baixa.
MATERIAL necesario: mochila, frontal (obrigatorio), alimentos e bebida para o día, bastóns, botas ou zapatillas de montaña, peza de abrigo, peza impermeable, gorra, lentes de sol, crema solar e material que cada un considere que poida necesitar.
O CUSTO INCLÚE: Desprazamento en coches de participantes, aloxamento, guiado benévolo da actividade e seguros obrigatorios, non haberá xuntanza informativa previa, as dúbidas resolveranse por correo-e do club ou no whatsapp de grupo que crearemos cas/os participantes.
TRANSPORTE: Vehículos propios.