Saída: Ás 09:00 h dende o Pavillón dos Deportes de Pontevedra.
Inicio do Roteiro: Sabucedo 10:30 AM (dende Pontevedra 38 km – 47 min).
Organizan: Javier Villaverde e Mariña Villaverde.
DESCRICIÓN: Faremos unha pequena parada no camiño en Serrapio, punto de inicio da Ruta As Pontes do Lérez e visitaremos a Capela con cruceiro e a ponte medieval sobre o río Lérez en Pedre. Despóis iremos a Sabucedo pola estrada EP-7102. En Sabucedo 10:30 AM quedarán os coches para facer unha ruta circular con subida cara o sur ó Alto da Conla de 762 metros, no punto central entre Cerdedo, Campolameiro e Sabucedo. Todo o percorrido será por pistas forestales suaves, con pouca sombra, polo que será necesario levar auga. Xantaremos no alto do monte, dende o que se poden observar decenas de pequenas aldeas nas faldas dos montes do interior da Provincia de Pontevedra.
Sabucedo é un lugar senlleiro no coidado das bestas nos montes e dispón dunha instalación recoñecida no mundo enteiro e mesmo no cine internacional polas actividades de doma que se celebran o 3, 4, 5 e 6 de xullo.
Estaremos de volta en Sabucedo a media tarde, visitaremos o Curro, merendaremos no bar do pueblo e o que queira, xa fora da actividade, pode acompañarnos e ver o Acueducto de Dorna e dar un baño nas Pozas no Lérez en Santa María de Sacos.
DIFICULTADE: Baixa, aproximadamente 15 km. Desnivel 300 metros.
MATERIAL ACONSELLADO: Roupa e calzado cómodo e de abrigo, chuvasqueiro si hai previsión de choiva ou vento, comida e auga para o día, gorra, gafas de sol, crema solar e bastóns.
INSCRICIÓN: Inclúe organización, seguro e monitores.