Sendeirismo – Ponte Maceiras e río Tambre

Datas para o evento

O 2 Agosto, 2026 á s 09:00

Localización

Ponte Maceiras

Saída: Ás 09:00 h dende o Pavillón dos Deportes de Pontevedra.

Inicio do Roteiro: Ponte Maceira (Ames) a 63 Km de Pontevedra

Monitores: Segundo Querejeta e Ramona Abellas.

INSCRICIÓN: Inclúe organización, seguro e monitores. Desprazamento por conta do participante (coordinaremos a disponibilidade de vehículos).

DESCRICIÓN: Ponte Maceira, un dos pobos máis bonitos de España, une os municipios de Negreira e Ames separados polo Río Tambre.

Iniciamos o roteiro en Ponte Maceira, atravesando a ponte (datado do século XIII) e o Pazo de Baladrón penetrámonos no “bosque máxico”, cheo de castiñeiros, carballos, piñeiros e outras especies autóctonas. Tras finalizar este primeiro tramo o roteiro condúcenos a marxe do río Tambre. O carreiro acompaña ao río, ancho, caudaloso e silencioso. O río escóndese tras unha beira con abundante vexetación que nos permite desfrutar de forma moi intermitente das vistas do río Á altura de Portochán a ponte permítenos cambiar de marxe e iniciar o regreso.

Na área recreativa de Tapia aproveitaremos para comer e se o tempo acompaña darnos un baño.

A volta acompañando o descenso do río realízase por carreiros, algún tramo estreito e sinuoso, e outros veces ancho e doado de camiñar.

DIFICULTADE: Baixa, aproximadamente 22 km.

MATERIAL ACONSELLADO: Roupa e calzado cómodo e de abrigo, chuvasqueiro si hai previsión de choiva ou vento, comida e auga para o día, gorra, gafas de sol, crema solar e bastóns. (bañador e toalla porsi).

Localización

COMPARTIR:

Máis información

Organiza: Vogalía de Montañismo

Organiza: Vogalía de Montañismo

Localización: Ponte Maceiras
Poboación: Ames
Provincia: A Coruña
C.P.: 15864
País: España

Datas da actividade

1
Desde 2 Agosto, 2026 ás 09:00 ,
ata o día 2 Agosto, 2026 ás 21:00

Taboa de prezos

Tipo de billete Prezo
Socia/o FEDERADA/O menor 18 anos 10 €
Socia/o FEDERADA/O 12 €
SOCIA/O 15 €
MENOR de 18 anos 15 €
NON Socia/o 25 €