Nos comprace avisarvos que a partires do 17 de xuño abriremos a nosa oficina sita no local 5 – 3º andar do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, rúa Benito Corbal 45 (entrada pola rúa Xavier Puig), no horario cotián: mércores, xoves e venres laborais 20:30 a 21:30h.
Para poder dar cumprimento ás recomendacións para a prevención e saúde fronte o coronavirus estableceremos as seguintes medidas para garantir a seguridade de todos:
- Só se permitirá a entrada de 1 persoa na oficina e terá que vir provista de máscara. No caso de que se xunten varias persoas, agardarase na entrada da oficina mantendo 1,5m de distancia de seguridade co resto de persoas.
O uso de máscara é obrigatorio sempre que no sexa posible manter unha distancia de seguridade de 1,5 metros.
Manter 1,5 metros de seguridade tanto entre o persoal traballador como co persoal usuario.
- Será necesario lavar as mans de xeito previo e posterior ao paso pola oficina do club. En cada planta do edificio administrativo hai 2 baños, ademais poremos á vosa disposición, na oficina, xel desinfectante e toalliñas de papel.
Facilitar o lavado frecuente de mans e o uso de solucións hidroalcohólicas a todo o persoal. Lavalas antes e despois de tratar co usuario.
Dispoñer de solucións hidroalcohólicas, luvas e panos desbotables para o uso público na entrada e no interior da oficina.
- Por favor non nos visites se tes síntomas compatibles da COVID ou se estiveches en contacto recentemente con alguén contaxiado.
Non ir a traballar con febre (>37º) ou síntomas da COVID-19 ou se houbo contacto próximo cunha persoa infectada.
- Evita tocar os ollos, nariz ou boca, e cubre correctamente as vías respiratorias ao tusir ou esbirrar.
Evitar tocar os ollos, o nariz e a boca, xa que as mans facilitan a transmisión.
Cubrir as vías respiratorias cun pano desbotable ou co antebrazo ao tusir ou esbirrar e desbotalo de xeito adecuado.
- Toda a documentación do club facilitarase a partir de agora de xeito electrónico. Poranse medidas de seguridade para os casos nos que non sexa posible facelo deste xeito.
Usar luvas desbotables ou solución hidroalcohólica para manipular a documentación dos usuarios e cando se comparta material de oficina.
Evitar compartir comida, bebida, equipos, dispositivos e material de oficina.