
OBXECTIVOS:
– Actividade en autosuficiencia con coñecementos de montaña invernal.
– Adestrar técnicas de progresión/seguridade en Alpinism (montaña invernal).
DATAS: 30, 31 de xaneiro e 1 de febreiro
PARTICIPANTES: Ata un máximo de 9 participantes maiores de idade, SOCIAS/OS do club AROMON, obrigatoriamente FEDERADOS en Montaña (FEDME mod.B, FGM modalidade C ou maior) no día da actividade.
O CUSTO INCLÚE: Organización e 2 noites de aloxamento en liteira corrida no Refuxio de Torrebarrio da F.G.M. Desprazamento e alimentación por conta dos participantes.
ALOXAMENTO: Refuxio de Torrebarrio (León) da Federación Galega de Montañismo, onde faremos os almorzos e ceas (tamén hai posibilidade cear de restaurante). É preciso levar saco de durmir e o necesario para cociñar. Dispón de duchas.
PLAN de VIAXE e ACTIVIDADE DEPORTIVA:
Saída o venres 30 de xaneiro dende Pontevedra en coches particulares (levar cadeas, aconsellable) e durmida no Refuxio de Torrebarrio (cea, aloxamento e almorzo), uns 350 km.
O sábado 30. Prácticas de autodetención? ou dependendo do grupo algún corredor?. Dependendo do estado da neve e cantidade acumulada escolleremos o que presente mellores condicións para ascender coa axuda dos crampóns e piolet. As pendentes poden chegar nalgún punto a ser de 60º de inclinación.
O domingo 1. Corredor “Elixir de la Suerte” (dependendo condicións) ou similar, as pendentes poden chegar nalgún punto a ser de 60º de inclinación. Retorno a Pontevedra.
PERFIL das/os DEPORTISTAS/OS: Participantes co curso de montañismo invernal N2B da Escola Galega de Alta Montaña feito ou similar doutras institucións (ou experiencia demostrable), boa forma física para camiñar na neve e no xeo durante dous días seguidos subindo e baixando moito desnivel, e con autosuficiencia na progresión en montaña invernal. Imprescindible dominio no uso de crampóns e piolet en palas de 50º-60º, con experiencia en montaña invernal e dominar as manobras de seguridade de autodetención
REQUISITOS MATERIAL: Piolet, crampóns, casco, roupa e calzado de alta montaña invernal (botas semiríxidas o ríxidas), luvas, gorro, polainas, gafas de sol e crema solar, lanterna frontal, mochila mínima 35 litros e comida e bebida axeitada para o día.
CÓDIGO M.I.D.E.:
Horario 5 (+ 10 h) – Desnivel subida 3 (1000 m) – Desnivel baixada 4 (1000 m) – Distancia horizontal 4 (+15 km)
Tipo percorrido CIRCULAR e en condicións INVERNAIS con pendentes de neve 40º-60º.
TRANSPORTE: Vehículos propios.