Como cada ano, celebramos a nosa Asemblea de fin de tempada: será o momento para repasar a actividade do club neste último ano, presentar as contas e compartir as propostas das/os socias e socios de cara ao vindeiro exercicio. Terá lugar no salón de actos do edf de Benito Corbal 45 (onde temos a oficina do club), este mes recibiredes a convocatoria por correo-e.
Ao remate da Asemblea terá lugar a tradicional Cea de Nadal, neste caso na cafetería Milano. Animámosvos a participar: é unha ocasión perfecta para xuntarnos, socializar e despedir o ano entre compañeir@s de club.
*ACTIVIDADES EXCLUSIVAS PARA SOCI@S*


* A preinscrición só é necesaria para acudir á cea