Montañismo – Ascensións no Macizo do ToubKal (Marrocos 4.167m)

Datas para o evento

O 8 Novembro, 2025 á s 00:02

Localización

Imlil, Marrakech, Marruecos

25 Toubkal Montañismo (1)
25 Toubkal Montañismo (1)
caption

DATAS: 8 ou 9 de novembro (en Marrakech) ao 16 de novembro (saida de Marrakech) de 2025

GUIADO: como coordinador e guía benévolo da viaxe estará David Pérez Araújo, federado AROMON e técnico da Escola Galega de Alta Montaña, e como guía de montaña contaremos obrigatoriamente cun guía local que é unha condición legal para acceder ao Parque Nacional do Toubkal.

TRANSPORTE: Transportes persoal dende Pontevedra a Marrakech e regreso (a cargo de cada quen), e tranporte colectivo de Marrakech a Imlim (a cargo do Club).

OBXECTIVO: Celebrar os 35 anos de montañismo do Club AROMON Pontevedra practicando montañismo ata os 4.000m para aclimatar e subir a montaña máis alta do Norte de África, o Toubkal.

PERFIL DEPORTIVO DOS/AS PARTICIPANTES: maiores de idade, federados/as FEDME con AROMON, con formación e/ou experiencia na autodetención en terros nevados con piolet e crampóns.

SISTEMA DE INSCRICIÓN: primeiramente farase unha convocatoria entre os/as socios/as para que amosen o seu interese en participar, posteriormente, entre as persoas que teñan interese faremos un grupo de traballo para axustar obxectivos, colectivo,….. e formalizarase a inscrición na web do Club AROMON Pontevedra.

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE

Día 01: Marrakech – Val de Imlil (1.740m). Dende Marrakech en vehículo privado traslado ata o aloxamento no Val de Imlil (ao pé do Alto Atlas).

Día 02: Val de Imlil – Refuxio do Toubkal (3.207m). Comeza o camiño de ascenso cara ao Refuxio do Toubkal (3.207m). Na aproximación pasaremos por Sidi Chamharouch, un lugar de avituallamiento e peregrinación onde se venera o morabito dun “Yin” (xenio das montañas ao que se lle atribúen poderes curativos). A continuación, a subida faise máis custosa ata chegar ás inmediacións do refuxio. Unha vez alí, aproveitarase o resto da xornada para aclimatar mellor á altura e descansar. As cargas serán transportadas por mulas (13Qm, +1.460m de desnivel). Cea e noite no refuxio.

Día 03: Refuxio do Toubkal (3.207m) e ascensións de aclimatación ao Pico Ras (4.083m) e ao Timezguida (4.089m) – A ruta ascende ata alcanzar o collado de Tizi Ouagane, onde continuamos ata o cume do Timezguida e do Ras, e regresaremos ao refuxio. Cea e noite no refuxio (10Qm +900m -900m de desniveis)

Día 04: Refuxio do Toubkal (3.207m) e ascensión ao cume do Toubkal (4.167m) – Imlil – Marrakech. O roteiro iníciase de madrugada cara ao circo Sur, onde cara ao Oeste alcanzaremos a cordal ata a cima do Toubkal. Tras gozar das fantásticas e extensas panorámicas das chairas pre-saharianas e do Anti-Atlas, iníciase o descenso. En función do ritmo de marcha e condicións do terreo e do propio grupo, pódese variar o roteiro pola vertente Norte ata o Imouzzer (4.010 m.). O descenso continúa ata o Val de Imlil. Trátase dunha xornada longa, onde se empregan algo máis de dez horas en completar a actividade, para coller un vehículo ata a cidade de Marrakech. Aloxamento e cea en Marrakech (19Qm +1.142m -2.442m de desnivel).

Día 05: Día de respaldo; no caso de non ter boas condicións para o día anterior ascender ao Toubkal, ou en Marrakech coñecendo a cidade.

Día 06: Día de respaldo; no caso de non ter boas condicións para o día anterior ascender ao Toubkal, ou en Marrakech coñecendo a cidade.

Día 07: Marrakech – Aeroporto de Marrakech. Un vehículo trasladaranos ata o aeroporto á hora establecida, para tomar o voo de regreso a casa.

DOCUMENTACIÓN OBRIGATORIA: Licenza federativa de AROMON B, Pasaporte en vigor con 6 meses mínimo, DNI, tarxeta física de crédito e de débito (moi recomendable), seguro de saúde para as estancias fora das zonas de montaña (recomendable).

ALOXAMENTO: os días que estemos fora da montaña durmiremos nun hotel humilde apropiado ao entorno, pero durante os días de montaña durmiremos no Refuxio do Toubkal Luis Neltner (propiedade do Club Alpino Francés) a 3.207m

M.I.D.E. DA ACTIVIDADE:

CUSTE DA ACTIVIDADE: Pagarase o “Paquete Marrocos” (transporte, aloxamento, almorzos, manutención en montaña, guiado,…) non inclúe manutención en Marrakech cidade, nin viaxe Galicia a Oporto e regreso, nin bebidas ao longo de toda a viaxe, nin viaxes de avión coa equipaxe necesaria, nin seguro de viaxe (opcional).

As persoas que xa o tentaron fai unhas semanas pero non poideron finalmente viaxar por culpa do “apagón” pagaron 440€ de “Paquete Marrocos”, máis os viaxes de avión,…. antes descritos.

Localización

COMPARTIR:

Máis información

Organiza: Vogalía de Montañismo

Organiza: Vogalía de Montañismo

Localización: Imlil, Marrakech, Marruecos
Poboación: Imlil
Provincia: Marrakech
País: Marruecos

Datas da actividade

1
Desde 8 Novembro, 2025 ás 00:02 ,
ata o día 16 Novembro, 2025 ás 22:00

Taboa de prezos

Tipo de billete Prezo
Deportista Federado/a FEDME B AROMON