Alpinismo – Ascensións Peña Ubiña, Cualmarce e Calabazosa

Datas para o evento

O 1 Febreiro, 2025 á s 08:00

Localización

Torrebarrio

OBXECTIVOS:

– Actividade en autosuficiencia con coñecementos de montaña invernal.

– Coñecer novas zonas e cumes da montaña leonesa de BABIA e asturiana de SOMIEDO.

– Adestrar técnicas de progresión/seguridade en montañismo invernal.

DATAS: 1 e 2 de febreiro

PARTICIPANTES: Ata un máximo de 7 participantes maiores de idade, SOCIAS/OS do club AROMON, obrigatoriamente FEDERADOS en Montaña (FEDME mod.B mínimo) no día da actividade.

O CUSTO INCLÚE: Desprazamento en coches dos participantes (0,22€/km), 2 noites de aloxamento en liteira corrida no Refuxio de Torrebarrio da F.G.M. (5€ noite con federativa) e coordinación da actividade.

ALOXAMENTO: Refuxio de Torrebarrio (León) da Federación Galega de Montañismo, onde faremos os almorzos e ceas (tamén hai posibilidade cear de restaurante, aprox.20€). É preciso levar saco de durmir e o necesario para cociñar. Dispón de duchas.

PLAN de VIAXE e ACTIVIDADE DEPORTIVA:

Saída o venres 31 de xaneiro dende Pontevedra en coches particulares (levar cadeas, aconsellable) e durmida no Refuxio de Torrebarrio (cea, aloxamento e almorzo), uns 350 km.

O sábado 1 de febreiro. Saíndo de Torrebarrio subiremos ata o collado do Ronzón, na cara sur de Peña Ubiña (2.417 m.) para iniciar o ascenso por algún dos itinerarios que nos ofrece esta parte do macizo. Dependendo do estado da neve e cantidade acumulada escolleremos o que presente mellores condicións para ascender coa axuda dos crampóns e piolet. As pendentes poden chegar nalgún punto a ser de 60º de inclinación.

O domingo 2. Saíndo de Torrestío subiremos polo val de Valverde ata chegar a unha bifurcación onde deixaremos a pista e comenzaremos a remontar a montaña cara un corredor de neve que xa terá unha inclinación duns 35-40o. Ó terminar esta subida chegamos a un
rechán dende onde xa podemos ver o noso primerio obxectivo do día, o Pico Cualmarce (2003 m.), para chegar o cal primeiro subiremos ata un collado onde cambiaremos de vertente para atacar a cima por unha pendente duns 40º. Dende a cima teremos unha bonita visión de todo o sector de montañas de Somiedo, cos Lagos de Saliencia ós nosos pes, e tamén da zona de Peña Ubiña. O seguinte obextivo será o Pico Calabazosa (2104 m.), o cal chegaremos por unha sucesión de crestas e collados. Dende aquí baixaremos cara a foz e collado de Congosto para seguir baixando polo val de Valverde ata Torrestío.

PERFIL das/os DEPORTISTAS/OS: Participantes co curso de montañismo invernal N2B da Escola Galega de Alta Montaña feito ou similar doutras institucións (ou experiencia demostrable), boa forma física para camiñar na neve e no xeo durante dous días seguidos subindo e baixando moito desnivel, e con autosuficiencia na progresión en montaña invernal. Imprescindible dominio no uso de crampóns e piolet en palas de 50º-60º, con experiencia en montaña invernal e dominar as manobras de seguridade de autodetención

REQUISITOS MATERIAL: Piolet, crampóns, casco, roupa e calzado de alta montaña invernal (botas semiríxidas o ríxidas), luvas, gorro, polainas, gafas de sol e crema solar, lanterna frontal, mochila mínima 35 litros e comida e bebida axeitada para o día.

TRANSPORTE:Vehículos propios.

Localización

COMPARTIR:

Máis información

Organiza: Vogalía de Alpinismo, Vogalía de Montañismo

Organiza: Vogalía de Alpinismo, Vogalía de Montañismo

Localización: Torrebarrio
Poboación: San Emiliano
Provincia: León
C.P.: 24144
País: España

Datas da actividade

1
Desde 1 Febreiro, 2025 ás 08:00 ,
ata o día 2 Febreiro, 2025 ás 18:00

Taboa de prezos

Tipo de billete Prezo
Socia/o Federado/a AROMON 120 €