As/os menores deberán vir acompañados dun adulto ao seu cargo.
Saída de 3 días apta para tódolos niveis e graduable segundo preferencias nun dos rincóns mais bonitos e tal vez menos masificado da cordilleira Cantábrica, o parque natural de Redes. Co obxectivo de gozar en familia á máxicas cores do bosque de outono acompañados pola banda de son da “berrea” do cervo, unha combinación única que merece a pena vivir ó menos unha vez na vida. A proposta inclúe itinerarios non técnicos, de distinta lonxitude e nivel de esforzo que permiten adaptarse á condición física de cada participante.
Inscrición.- Inclúe organización, monitores, seguros, 2 AD (noite+almorzo) e cea do sábado no Refuxio de Brañagallones, viaxe ida e volta entre Bezanes e Brañagallones en taxi de montaña. Non haberá xuntanza informativa previa, as dúbidas resolveranse por correo-e info@aromon.gal ou no whatsapp de grupo que crearemos cos participantes. Desprazamento e resto de comidas por conta do participante.
Programa deportivo
Venres 03/outubro – saída ás 17:00h no Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra, para viaxar ata Bezanes (aprox. 4,5h de coche) onde nos espera Rafa co seu taxi ó paraíso https://www.taxialparaiso.com/ para subirnos a Brañagallones (10 km). Cea de camiño (por conta de cada quen).
Sábado 04/outubro – Almorzo no refuxio e iniciaremos a ascensión ao “Cantu l´osu” (2,7 km de subida, 5,4 km ida e volta con +550 m. desnivel) salvo a pendente, é un sendeiro que non ten problemas. Unha vez no “Cantu l´osu” (1770 m.) e despois de ter admirado as maravillosas vistas hacia o Tiatordos, Macizo Occidental de Picos e Mampodre temos 2 opcións:
- Quen xa non quera subir máis e desexen disfrutar da braña tranquilamente poden descender polo mismo camiño e descansar ou facer exploracións arrededor do refuxio.
- A quen lle apeteza algo máis, aproveitando a altura gañada, existe a posibilidade de continuar bordeando o circo e descender cara a majada de Valdebezón aos pes da “Peña l´vientu” para acabar en Brañagallones e completar unha ruta circular que totaliza (incluindo o tramo inicial ó “Cantu l´osu” 11,3km e +806m.
Aloxamento e cea no refuxio.
Domingo 05/outubro – almorzo no refuxio e actividade a decidir, para rematar co descenso a Bezanes de novo: con varias opcións:
- No Taxi de Rafa, e regreso a Pontevedra.
- Andando atravesando o corazón do parque natural, rondando os 20 km con desnivel +800 m. e -1500 m. Roteiros estes para madrugar e pensar en 7 h de roteiro. Baixada a Caleao pola INFIESTA ou polos ARRUDOS.
Material – Saco de durmir para o Refuxio. Estamos en montaña, precisaremos roupa de abrigo, chuvasqueiro/curtaventos, calzado e roupa para camiñar, gorra e crema para sol, mochila duns 30 litros con capacidade para levar a roupa, auga e comida do día, aconsellables bastóns de trekking, e que nunca falte moitas gañas de desfrutar. Mais todo aquelo que cada quen considere que necesita.