As datas da actividade están pendentes de confirmación
As/os menores deberán vir acompañados dun adulto ao seu cargo.
Inscrición.- Inclúe organización, monitores, seguros, 2 medias pensións (cea+noite+almorzo) nun albergue de Redes, viaxe ida e volta en taxi de montaña. Non haberá xuntanza informativa previa, as dúbidas resolveranse por correo-e info@aromon.gal ou no whatsapp de grupo que crearemos cos participantes. Desprazamento e resto de comidas por conta do participante.
Programa deportivo
Venres 04/abril – saída ás 17:00h no Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra, para viaxar ata Bezanes (aprox. 4,5h de coche) onde nos espera Rafa co seu taxi ó paraíso https://www.taxialparaiso.com/ para subirnos a Brañagallones (10 km)
Sábado 05/abril – Almorzo no refuxio e iniciaremos a ascensión ao “Cantu l´osu” (salvo a pendente, é un sendeiro que non ten problemas). Unha vez no “Cantu l´osu” (1770 mt) e despois de ter admirado as maravillosas vistas hacia o Tiatordos, Macizo Occidental de Picos e Mampodre temos 2 opcións:
* Quen xa non quera subir máis e desexen disfrutar da braña tranquilamente poden descender polo mismo camiño e descansar ou facer exploracións arrededor do refuxio.
* A quen lle apeteza algo máis existe a posibilidade de continuar bordeando o circo e descender cara a majada de Valdebezón aos pes da “Peña l´vientu” para acabar en Brañagallones e completar unha ruta circular que totaliza (incluindo o tramo inicial ó “Cantu l´osu” 11,3km e +806m.
Domingo – 06/abril almorzo no refuxio e actividade a decidir, para rematar co descenso a Bezanes de novo no Taxi de Rafa, e regreso a Pontevedra.
Material – Estamos en montaña, precisaremos roupa de abrigo, chuvasqueiro/curtaventos, calzado e roupa para camiñar, gorra e crema para sol, mochila duns 30 lt con capacidade para levar a roupa e a comida do día, aconsellables bastóns de trekking, e que nunca falte moitas gañas de desfrutar. Mais todo aquelo que cada quen considere que necesita.