Montañismo – Brañagallones

Datas para o evento

O 17 Maio, 2024 á s 09:00
O 18 Maio, 2024 á s 09:00
O 19 Maio, 2024 á s 09:00

Localización

Brañagallones

Privameira en Redes – Brañagallones

Organizan: Jesús Souto ca colaboración de Carmiña e Manolo.

Saída: Venres 17 de maio ás 9:00h no Pavillón dos Deportes de Pontevedra, para viaxar ata Soto de Agües, aprox. 4,5 horas.

Os menores deberán vir acompañados dun adulto ao seu cargo

Inscrición: Inclúe organización, monitores, seguros, 2 Medias pensións (cea+noite+almorzo) no albergue de Redes en Campo de Caso (venres 17, sábado 18 e domingo 19) https://www.albergueparquederedes.com/ , viaxe ida e volta en taxi de montaña https://taxialparaiso.com/. Non haberá xuntanza informativa previa, as dúbidas resolveranse por correo-e do club (aromon@aromon.es) ou no whatsapp de grupo que crearemos cos participantes.

Desprazamento e resto de comidas por conta do participante.

Desenvolvemento

Venres 17: Saída de Pontevedra a Soto de Agües, chegada para xantar e pola tarde, Ruta del Alba, preciosa ruta de río de montaña rodeada de vexetación e pozas e saltos de auga. Sendeiro fácil ben marcado con pouco desnivel. O total da ruta son aprox. 15 km, pero ó ser de ida e volta pódese graduar acorde a tódolos niveis ou ganas de baño dos participantes ? https://siguiendolasenda.es/ruta-del-alba/

Sábado 18: Almorzo no Albergue e desprazamento ata Bezanes (10′ de traxecto) onde nos espera Rafa co seu taxi ó paraíso https://taxialparaiso.com/ para subirnos a Brañagallones (10 km) https://www.turismoasturias.es/descubre/naturaleza/rutas/senderismo/ruta-de- onde iniciaremos a ascensión ó “Cantu l´osu” (2, 7 km subida, 5,4 km ida e volta e 550 m positivos de desnivel). Salvo pola pendente, é un sendeiro que non ten problemas. Unha vez no “Cantu l´osu” (1770 mt) e despois de ter admirado as maravillosas vistas hacia o Tiatordos, Macizo Occidental de Picos e Mampodre temos duas opciones:

* Quen xa tiverá suficiente montaña polo día e desexen disfrutar da Braña tranquilamente poden descender polo mismo camiño e descansar ou facer exploracións arrededor do refuxio.
* A quen lle apeteza proseguir ruta aproveitando a altura xa gañada existe a posibilidade de continuar bordeando o circo e descender hacia a majada de Valdebezón ós pes da “Peña l´vientu” para acabar en Brañagallones e completar unha ruta circular que totaliza (incluindo o tramo inicial ó “Cantu l´osu” 11,3 km e 806 mt positivos.

O descenso hacia Bezanes faremolo de novo no Taxi de Rafa ou existe a opción de descender andando para aqueles aguerridos que se queden con gañas de máis “madeira”. Volta ao aloxamento e cea no Albergue de Redes en Campo de Caso (10 minutos de traxecto).

Domingo 19: Almorzo no Albergue e actividade a decidir. Regreso a Pontevedra.

Material: Estamos en Montaña, precisaremos roupa de abrigo, chuvasqueiro/curtaventos, calzado e roupa para camiñar, gorra e crema para sol, mochila duns 30 lt con capacidade para levar a roupa e a comida do día, aconsellables bastóns de trekking, e que nunca falte moitas gañas de desfrutar. Mais todo aquelo que cada quen considere que necesita.

Localización

COMPARTIR:

Máis información

Organiza: Vogalía de Montañismo

Organiza: Vogalía de Montañismo

Localización: Brañagallones
Poboación: Brañagallones
Provincia: Asturias
C.P.: 33995
País: España

Datas da actividade

1
Desde 17 Maio, 2024 ás 09:00 ,
ata o día 17 Maio, 2024 ás 20:00
2
Desde 18 Maio, 2024 ás 09:00 ,
ata o día 18 Maio, 2024 ás 20:00
3
Desde 19 Maio, 2024 ás 09:00 ,
ata o día 19 Maio, 2024 ás 20:00

Taboa de prezos

Tipo de billete Prezo
Socio/a FEDERADO/A MENOR 18 anos 12 €
Socio/a FEDERADO/A maior 18 anos 12 €
SOCIO/A Non Federado/a 12 €
NON socio/a MENOR 18 anos 12 €
NON socio/a 12 €