Sendeirismo – O Camiño dos Faros (Muxia a Fisterra)

Datas para o evento

O 8 Xuño, 2024 á s 09:00
O 9 Xuño, 2024 á s 09:00

Localización

Campo de Fútbol Municipal de Arliña

ACTIVIDADE: Senderismo.

SAIDA: Quedamos no Campo de Fútbol de Muxía ás 9:30 horas. O tempo de viaxe de Pontevedra a Muxía é de 1 hora e 50 minutos.

DIFICULTADE: Alta, pola lonxitude do percorrido e os fortes desniveis.

Sábado 8 de xuño: “De Muxía a Lires”. Percorrido liñal de 27,3 km. Saimos do campo de fútbol de Muxía á altura da Praia de Lourido onde sitúase o novo Parador Nacional Costa da Morte. A partir de aquí ascenderemos ó Monte Cachelmo sendo a subida máis dura do camiño. Pasaremos polo Monte Buitra e os seus acantilados, e posteriormente polo Monte Pedrouzo ata chegar ó Faro de Touriñán. Dende Punta Insua avistaremos a Illa da Herbosa. Costeando chegaremos á Praia de Nemiña, fin oficial da etapa 7. Dende eiquí chegaremos, polo sendeiro interior do Río Castro, ata o pobo de Lires que é onde atópase o aloxamento.

Domingo 9 de xuño: “De Lires ó Faro Fisterra”. Percorrido liñal de 21,6 km. Saimos de Lires ata a praia do mesmo nome e continuaremos polos seus acantilados nunha sucesión de duros desniveis. Chegaremos á Praia do Rostro, de casi 2 km de lonxitude, para logo continuar polos acantilados de Punta do Castelo, de O Gavioteiro, de Arnela e os de Cabo da Nave, uns dos máis espectaculares do camiño. A partir de eiquí suavizase a etapa pasando pola Praia de Mar de Fora, e despois de pasar a aldea de A Insua subiremos ó Monte do Facho. Terminando a etapa no Faro de Fisterra.

MATERIAL ACONSELLADO: Bastóns, gafas de sol, gorra, crema solar, bañador, toalla, calzado cómodo, chubasqueiro si hai previsión de choiva, comida para o camiño e bastante auga.

O CUSTO INCLÚE: Desprazamento en coches dos participantes, Taxi para recuperar os coches do inicio, aloxamento Media Pensión (inclúe almorzo) en albergue As Eiras (Lires) cea por conta do participante pódense xestionar no albergue (aprox. 18€), guiado benévolo da actividade e seguros obrigatorios, non haberá xuntanza informativa previa, as dúbidas resolveranse por correo-e do club (aromon@aromon.es) ou no whatsapp de grupo que crearemos cos participantes

Localización

COMPARTIR:

Máis información

Organiza: Vogalía de Sendeirismo

Organiza: Vogalía de Sendeirismo

Localización: Campo de Fútbol Municipal de Arliña
Rúa: Punta Arliña
Poboación: Muxía
Provincia: A Coruña
C.P.: 15124
País: España

Datas da actividade

1
Desde 8 Xuño, 2024 ás 09:00 ,
ata o día 8 Xuño, 2024 ás 20:00
2
Desde 9 Xuño, 2024 ás 09:00 ,
ata o día 9 Xuño, 2024 ás 20:00

Taboa de prezos

Tipo de billete Prezo
Socia/o FEDERADA/O 80 €
SOCIA/O Non Federada/o 90 €
NON socia/o menor 90 €
NON socia/o 105 €