Trátase dun Raid de 8 h de duración máxima. Estará dividido en 3 seccións de diferente duración e diferentes disciplinas deportivas: Orientación específica, Trekking, BTT e probas especiais. Será un raid no que a maioría de equipos chegará a meta collendo todas as balizas.
Trátase dun raid en bucles, todas as transicións estarán ubicadas no mesmo emprazamento, facendo así un raid máis cómodo para os equipos. Os equipos 2+1 poderán facer un relevo na metade de unha das seccións. Para chegar a ese punto facilitarase a ubicación o propio día da carreira.
Seguemento en vivo e ligazón para visualizar os resultados en tempo real:
Mais info: Publicase na web da Fegado a lista de inscritos definitiva, e os Raid books e prebreafing das 3 categorías.
PATROCINADORES








