Sendeirismo – De Ponte Bora ao Acibal

Datas para o evento

O 21 Xullo, 2024 á s 09:30

Localización

Ponte Bora

Desenvolvemento: Sairemos dende a Ponte de Bora ás 9:30 (cada un achegarase có seu coche particular coordinado cós monitores). Alí visitaremos a Ponte dos Franceses sobre o río Almofrei e comentaremos a famosa batalla contra o Exército francés no ano 1809. Pasada a ponte sobre o Lérez collemos un sendeiro á dereita que nos levará río arriba. Despois dunha hora de camiñada chegamos á Praia Fluvial de Calvelo. Será necesario mollarse para cruzar á outra beira, na que teremos a 1a sesión de baño. A continuación  avanzaremos comodamente por pista e cruzaremos o río na ponte metálica de Calvelo, en Tenorio, a 2,7 km da saída. Logo xa poderemos avanzar, outra vez pola marxe esquerda do río, por sendas con maleza alta, entre bosque de ribeira, ata subir a Fragoso. Chegados a este  xunto levaremos 5 km de ruta e atoparemos un lugar de descanso con auga onde xantaremos. Á tarde baixaremos de novo cara o río e camiñaremos preto do leito ata unha curva pechada á dereita, onde se atopa GARGALLÓNS, moi preto da PO-223 (7,7 km de ruta). Aí deixamos atrás o Lérez para subir polos montes de Xeve ata a Campa do Acibal. Será o tramo máis exisente da ruta, 4,6 km e un desnivel de 400 metros, todo por pistas forestais. Unha vez na Campa, onde nos agardará un coche (para levar ó reto de condutores ata o resto de coche) quenes queiran subirán o monte Acibal, (1 km) dende onde divisar unhas vistas espectaculares da ría de PONTEVEDRA e da comarca.

Dificultade: Media-Baixa. Total da ruta 12 kilómetros cun desnivel de 400 metros.

Material recomendado: Roupa e calzado deportivo, imprescindible pantalón longo para toda a mañá e mesmo manga longa para os nenos/as (por mor da maleza nas beiras do camiño), mochila para levar comida e auga (haberá varias fontes no camiño onde reencher) protección solar, toalla e roupa de baño.

* Desprazamento a Bora e comidas por conta do participante.

* Os menores deberán vir acompañados dun adulto ao seu cargo.

* Se alguén non sabe nadar deberá indicarllo os monitores.

Consultas no teléfono de Mariña Villaverde 604065032 quen formará un grupo voluntario de whastapp, cos participantes.

Localización

COMPARTIR:

Máis información

Organiza: Vogalía de Sendeirismo

Organiza: Vogalía de Sendeirismo

Localización: Ponte Bora
Poboación: Xeve
Provincia: Pontevedra
C.P.: 36150
País: España

Datas da actividade

1
Desde 21 Xullo, 2024 ás 09:30 ,
ata o día 21 Xullo, 2024 ás 20:00

Taboa de prezos

Tipo de billete Prezo
Socia/o FEDERADA/O menor 18 anos 2 €
Socio/a FEDERADO/A 3 €
SOCIO/A 5 €
MENOR de 18 anos 5 €
NON Socio/a 10 €