ACTIVIDADE DEPORTIVA:
– Vénres día 2. Viaxe ata Refugio de Montaña El Llano situado en Aldea del Llano en Quirós, e onde teremos cuberto 2 noites e 2 almorzos.
– Sábado día 23. Dende o refuxio e andando QUIROS zona de escalada deportiva e de varios longos equipada.
– Domingo día 24. Dende o refuxio e andando QUIROS zona de escalada deportiva e de varios longos equipada, durante media xornada para logo recoller e retornar.
REQUISITOS MATERIAL: Saco sábana de durmir (pernoctas no refuxio), material de escalada individual (casco, arnés, asegurador, mosquetóns, cintas expres e pés de gato), se tes corda será benvida, roupa adecuada e comida para o fin de semana. E todo o que cada un considere que poida necesitar.
O CUSTO INCLÚE: 2 pernoctas/2 almorzos no refuxio, monitores benévolos da actividade e seguros obrigatorios, información das vías e zonas de escalada de QUIROS, e algún material colectivo de escalada (cordas e material duro). NON haberá xuntanza informativa previa, as dúbidas resolveranse por correo-e do club ou no whatsapp de grupo que crearemos cos participantes.
Os menores deberán vir acompañados dun adulto ao seu cargo.
DIFICULTADE: Abundancia de vías entre 5º e 7º, aproximación de 30′ a 1 h.
PLAN de VIAXE: Saída o venres 22 (a concretar).
ALOXAMENTO: Refugio de Montaña El Llano eiquí tendes toda a info e servizos sobre o refuxio
TRANSPORTE: Desprazamento e resto de comidas por conta do participante.