A idea é pasar un bó día de convivencia, ca perfecta escusa da escalada en rocha e no medio natural, compartida entre toda a familia dos menores escaladores do club, protagonistas principais que gozan da escalada, das nais e pais que tamén son escaladores, das nais e pais que sen escalar poidan acompañarnos ata pé de vía, e que ao rematar compartamos un xantar (cada un trae o seu) no propio merendeiro do Gali.
A xornada desenvolverase na zona de escalada do Galiñeiro, co desprazamento por conta de cada quen.
10:00 h.- Receción no merendeiro do Galiñeiro https://maps.app.goo.gl/E3FfY8rW6P8bwGhd7
10:30 h.- Tras comprobar que todo o mundo ten o material necesario, subiremos a escalar distribuindonos por diferentes sectores.
15:00 h.- Baixada de volta ao merendeiro e Xantar.
Inclúe: organización, monitores e material técnico colectivo.
Descrición: Actividade de dificultade media. É necesario estar iniciado no deporte da escalada.
Material necesario: O material técnico individual ten que ser aportado polos participantes, casco, arnés e pés de gato, se tendes mais material traédelo, nembargantes o club poderá prestar casco e arnés se alguén o precisa, e aportara o material colectivo (cordas e cintas expres).
Obrigatorio.- Calzado con agarre para a subida do galiñeiro, mínimo 1 litro de auga por persoa, suadoiro do club (ou prenda abrigo), crema solar, e un desexo de pasalo moi ben.
* Nota importante.- O desprazamento corre pola conta dos participantes, de tódolos xeitos trataremos de organizarnos co fin de que ninguén quede atrás e minimizar os custes. Concretaranse os detalles da saída cos inscritos nos días previos.
Só é preciso inscribir ao menor.