Programación:
20 e 21 de setembro na zona de escalada do GALIÑEIRO (Vincios-Gondomar)
Imparten: Jose Juan Domínguez e Manuel Beloso
Requisitos: Ser Socia/o Federada/o do Club, e ter adquiridos os coñecementos básicos da cadea de seguridade en escalada (encordamento e asegurar a un 1º)
Obxectivo: Adquirir os coñecementos básicos para progresar con seguridade en terreo de montaña, no que é habitual atopar pasos de dificultade moderada ou puntos conflitivos.
Lugar: Serra do Galiñeiro. O venres 19 faremos un previo na oficina do club, presentación do curso e práctica de Nós básicos (de 20 a 21:30 h).
Descrición: Dirixido a soci@s federad@s con experiencia na montaña que estean interesadas en dotarse de ferramentas como o uso de corda, nós, instalacións, rapel e material flotante de seguridade, co fin de asegurarse en pasaxes expostos.
Inclúe: organización, monitores e material colectivo (hai que traer o material individual dispoñible).
* Desprazamento por conta dos participantes.
* Esta actividade está subvencionada polo club no 25% do seu valor, dacordo ca Bolsa de Axuda para Formación de DEPORTISTAS aprobada na Asemblea anual de Socias/os.