Esquí – Interclubs Esquí Cerler 26

Datas para o evento

O 10 Xaneiro, 2026 á s 21:00

Localización

Cerler

INTERCLUBS ESQUÍ SEMANA BRANCA 26 DESCRICIÓN: é unha “viaxe branca” (con saída do 10 ao 17 de xaneiro) dende Galicia a CERLER (Benasque – Huesca) organizada por Clubs de Montañismo, dunha semana, na que cada participante pode escoller, a maiores do paquete básico, contratar voluntariamente un forfait e esquiar libremente, inscribirse nun curso de esquí de travesía ou de esquí alpino de distintos niveis, alugar o material deportivo, contratar seguro…

OBXECTIVOS: 1. Formarse e/ou practicar ou o esquí de travesía (“esquí de montaña”) ou o esquí alpino ou snowboard (“esquí en pista”), 2. Convivir entre os socios/as dos distintos Clubs participantes. 3. Promover o esquí de travesía (ou tamén chamado “de montaña”).

ESQUÍ ALPINO/SNOWBOARD, OU ESQUÍ DE TRAVESÍA?: Para comprensión rápida, o esquí alpino (ou o snowboard) é so para baixar mentres que a subida é por medios mecánicos; o esquí de travesía (tamén chamado esquí de montaña) é para baixar, progresar en plano, e subir polos teus propios medios.

CURSOS DEPORTIVOS: Un ano máis organizamos a tradicional viaxe de “esquí alpino” (con curso opcional de distintos niveis) pero tamén a Escola Galega de Alta Montaña (Federación Galega de Montañismo) organiza 2 cursos de “esquí de travesía” (un de iniciación e outro de perfeccionamento), toda a información de estes cursos estará na web da FGM. Para os cursos de esquí de travesía haberá que estar obrigatoriamente federado/a FEDME, e para o curso de iniciación é obrigatorio, como mínimo, ter un nivel básico de esquí alpino (viraxe “solvente” en paralelo en pistas azuis ben pisadas).

PARTICIPANTES: Persoas maiores de idade (ou menores acompañadas), que cumpran coas indicacións dadas nesta convocatoria, e coas instrucións dadas ao longo da viaxe en prol da convivencia e seguridade. É importante entender que este é unha viaxe colectiva organizada por entidades sen ánimo de lucro, coa idea de compartir tempo e deporte con outras persoas, de xeito tranquilo, sosegado, e axeitado ao entorno.

PREZO OBRIGATORIO (550€)

  • Viaxe en autobús
  • 5 noites habitación dobre Hotel Monte Alba 3* (pe de pista)
  • 5 almorzos e ceas no hotel (non inclúe bebidas)
  • Seguro de viaxe que non inclúe esquí

SUPLEMENTOS E DESCONTOS

  • Suplemento participantes non socios/as dos Clubs organizadores (+35€)
  • Desconto por persoa en cuarto tripla ou cuádrupla (-10€)
  • Suplemento cuarto individual (+150€)
  • Desconto nenos (-70€)

SERVICIOS OPCIONALES

  • 5 días forfait CERLER +195€
  • Seguro esquí, accidentes e responsabilidade civil +20€
  • Paquete forfait 5 días + clases (3h diarias) (prezo especial de grupo, min. 20 persoas) +260€
  • So comida tipo bocadillo (prezo especial de grupo, min. 20 persoas) +50€
  • Clases colectivas esquí (3h diarias) (sen grupo mínimo) +125€
  • Clases colectivas snow (3h diarias) (sen grupo mínimo) +130€
  • So comidas tipo (sen grupo mínimo) +65€
  • Aluguer material gama bronce adultos +65€
  • Aluguer material gama bronce snow +80€
  • Aluguer casco +15€
  • Seguro de cancelación (consultar condicións) +30€

PLAN DE VIAXE:

10 Xan (sábado) – Comeza a viaxe en bus pola noite dende Galicia.

11 Xan (domingo) – Instalarse no hotel, recoller o material deportivo, e cear (é o primeiro servizo pagado de manutención).

12 Xan (luns) – Ata o 15 Xan (xoves) almorzar, esquiar, cear e durmir no hotel.

16 Xan (venres) – Almorzar, deixar as habitacións, esquiar, e ao remate da xornada deportiva, devolver o material alugado, e viaxe de regreso.

17 Xan (sábado) – Pola mañá chegar a Galicia.

XUNTANZAS DE INFORMACIÓN: O xoves 18 de Nadal ás 20.30h en Xuntanza informativa Interclubs Esquí 26 en https://meet.google.com/czf-xtkf-gav haberá unha xuntanza telemática ás 20.30h (importante participar) para concretar asuntos da viaxe, falar sobre material aconsellado, e calquera outra dúbida que xurda.

SEGURO DE ACCIDENTES DEPORTIVOS: As estacións de esquí cobran por rescate nas pistas e/ou posible tratamento médico privado nas súas instalacións. Esa cobertura é unha responsabilidade persoal de cada participante, polo que recomendamos fortemente ou ter a licenza federativa FEDME en vigor (con extensión de esquí alpino), ou outro seguro como o ofrecido pola nosa axencia de viaxes. Dende os Clubs en ningún caso seremos responsables de gasto algún vencellado a este asunto (nin na montaña nin en Galicia). Os esquiadores/as de travesía, ao ser un deporte propio pola nosa Federación Galega de Montañismo xa está todo cuberto coa licenza federativa FEDME en vigor (que é obrigatoria para estes cursos).

PERSOAS COORDINADORAS DE CADA CLUB ORGANIZADOR: Club K2Ordes (Carlos Viaño) / Club Rutas a pie (Laura Lado) / Club Montañeiros Celtas (Fernando Fernández Rey) / Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia (Alejandro Carrera) / Club Alpino Ourensán (María Teresa García Cebreiros) / Club Montaña Ferrol – Alpinista Abrente (Xan Ramírez) / Club AROMON Pontevedra (David Pérez Araujo) / Club Vía Láctea

PRAZO DE INSCRICIÓN: antes do 20 de decembro (prazas limitadas).

PROCESO DE RESERVA E FORMA DE PAGO:

– Antes do 20 de decembro é necesario un depósito de 350€, por persoa para formalizar a reserva, quen queira contratar seguro de cancelación, debe pagar 380 na conta de ‘Viajes Sierra’: ABANCA ES59 2080 0341 1430 4006 9040 poñendo en concepto Nome e Apelidos e o nome do club. Despois mandar a viajessierra@viajessierra.com dende o voso correo particular cos datos (nome e apelidos, correo-e, teléfono de contacto, número de DNI, data de nacemento, club, cidade de saída e nome e apelidos das persoas con quen comparten habitación, tipo de habitación e servizos contratados).

– Unha vez realizados tódolos primeiros pagos, ‘Viajes Sierra’ dará acceso a tódolos inscritos a unha plataforma online para seguir ca organización da viaxe: inscrición de maneira online con tódolos datos, segundo e terceiro pagos.

– O segundo pago de 200€ debe realizarse como data límite o venres 5 de decembro.

– O terceiro pago polo resto da viaxe (ver importes de suplementos e descontos) debe realizarse como data límite o martes 30 de decembro.

– Quen leve só hotel, xa terá pagado todo no segundo pago.

– Quen leve ff, no terceiro pago debe ingresar 195€.

– Quen leve paquete de clases e ff, no terceiro pago debe ingresar 260€.

– Quen leve ff e só comidas (prezo grupo), no terceiro pago debe ingresar 195+50= 245€.

– Quen leve aluguer de material alpino, debe sumar ós importes de arriba (ó que corresponda) +65€.

– Quen leve aluguer de material de snow, debe sumar ós importes de arriba (ó que corresponda) +80€.

– Quen leve aluguer de casco, debe sumar ós importes de arriba (ó que corresponda) +15€.

– Quen leve seguro esquí, accidentes e responsabilidade civil, debe sumar ós importes de arriba (ó que corresponda) +20€.

– Quen vaia en triple ou cuadruple, debe restar ós importes de arriba (ó que corresponda) -10€.

– Quen sexa neno entre 6 e 11 anos, debe restar ós importes de arriba (ó que corresponda) -70€.

– Quen vaia en habitación individual, debe sumar ós importes de arriba (ó que corresponda) +150€.

CONDICIONS DE CANCELACIÓN: Dende o momento da confirmación e pago ata 35 días antes da saída, 350€ por persoa, entre 35 e 10 días antes da saída, 450€ por persoa, con menos de 10 días antes da data de saída, o 100% do importe da viaxe.

POSIBILIDADE DE SEGURO OPCIONAL DE CANCELACIÓN: – Este seguro cubre os gastos de cancelación, no caso de que o asegurado cancele por algunha das causas recollidas na póliza e poda acreditalo ca documentación que a aseguradora solicite. O coste do seguro e de 30 € por persoa. Debe comunicarse a ´´Viajes Sierra´´ no momento da confirmación da reserva e o pago do seguro abonarase xunto co depósito inicial. Ver condicións particulares e xenerais no Dossier Semanas Blancas 2025-26 e na web www.viajessierra.com e www.viajesdecolegios.com.

Localización

COMPARTIR:

Máis información

Organiza: Club AROMON Pontevedra

Organiza: Club AROMON Pontevedra

Localización: Cerler
Poboación: Benasque
Provincia: Huesca
C.P.: 22449
País: España

Datas da actividade

1
Desde 10 Xaneiro, 2026 ás 21:00 ,
ata o día 17 Xaneiro, 2026 ás 12:00

Taboa de prezos

Tipo de billete Prezo
Prezo obrigatorio base 550 €
Participantes non socios/as dos Clubs organizadores 30 €