Punto de partida/chegada no Encoro do Con, Castrogundín (Vilagarcía de Arousa).
Organizan: Xosé Iglesias e José Valdivia.
Dificultade: 18 km de percorrido.
INSCRICION: Inclúe organización, seguro e monitores.
DESCRICIÓN: O monte Xiabre é a maior elevación da península do Salnés con 641 m. e un mirador privilexiado de toda a contorna. A pesar de que medioambientalmente está bastante deteriorado polos eólicos, especies invasoras, incendios, canteiras e pistas, garda moita historia, e un grande valor paisaxístico. A ruta parte e termina no mesmo punto no “Encoro do Con”, en Castrogudín. Dende alí ascenderemos ata o mirador chamado A Cruz do Xiabre (390 m), continuaremos por un camiño salferido por eólicos e pistas asfaltadas que nos levarán ata o Alto da Meda (641 m), dende onde podemos divisar a ría de Arousa, a península do Barbanza, boa parte do val do Salnés e do Umia, tamén as illas Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada. O regreso a Castrogudín lévanos por camiños entre eucaliptos e canteiras completando un percorrido total de 18 km.
MATERIAL ACONSELLADO: Roupa e calzado cómodo e de abrigo, chuvasqueiro si hai previsión de choiva ou vento, comida e auga para o día, e lembrade que é a actividade de “FINDANO” polo que vos pregamos que traiades algúnha larpeirada para festexar que facemos actividades!!!