Familiar – Serra do Gêres – Ermida (Portugal)

Datas para o evento

O 31 Maio, 2025 á s 08:00

Localización

Ermida

Las/los menores deberán venir acompañados de un adulto a su cargo.

Programa – PR14 Trilho do Sobreiral da Ermida do Gêres

Sábado 31 maio – Saída 9 am: Miradoiro da Ermida. Chegaremos ao punto de saída en coche particular ou a pé, con zona de aparcamento e fonte de auga potable, xunto á caseta de información turística. Dende este punto de saída avanzamos un tramo moi breve de estrada e pista asfaltadas, para despois camiñar por unha senda fácil que ascende entre as derradeiras casas da aldea, e posteriormente atravesa unha fermosa zona boscosa composta por carballos e piñeiros, ata o cruce coa estrada que leva ata a Cascata do Arado. Colleremos esta estrada para chegar a unha ponte sobre o río Arado que conduce ata o mirador da cascada, onde poderemos desfrutar das fermosas vistas.
Seguimos por una pista que nos levará ao Curral da Vezeira da Hermida, con fonte de auga, e ao Curral dos Portos, ámbolos dous con gran interese etnográfico e donde poderemos facer unha parada para recuperar folgos e comer algo. No Cruce da Tribela, o terreo faise técnicamente máis complicado (uns 4 km.), con tramos de pista e tramos de senda, con pedras soltas en ocasións, e pendente de descenso marcada. Pasaremos a través dunha zona boscosa de gran beleza paisaxística, entre magníficas sobreiras,  e, a certa distancia, formacións rochosas graníticas de curiosas formas. Ao finalizar o descenso nos incorporamos á estrada EM308 durante un pequeno treito, para a continuación seguir por unha senda boscosa e sombría. Inmersos nela, franquearemos o río Arado atravesando unha pequeña ponte e avanzaremos entre belos castiñeiros. Conforme nos achegamos á aldea da Ermida, o bosque reduce a súa densidade para dar paso a unha senda rodeada de leiras de cultivo e zonas de pasto, que posteriormente se continúa coa vía urbana.

FINAL DO RECORRIDO: A partires de aquí finaliza o recorrido guiado. Encontrámonos na aldea da Ermida, onde poderemos disfrutar da riqueza etnográfica da aldea, coa arquitectura tradicional da Serra do Gerês.

Material – Ropa comoda y de abrigo, chuvasquero/cortavientos, calzado para caminar, gorra y crema para sol, mochila de unos 30 lt con capacidad para llevar la ropa y la comida del día, aconsejables bastones de trekking, y que nunca falte muchas ganas de disfrutar. Mas todo aquello que cada quien considere que necesita.

El coste incluye: Alojamiento 2 noches en Abrigo da Montanha (bungalows) no Ermida Gêres Camping, guiado benévolo de la actividad y seguros obligatorios, non habrá reunión informativa previa, las dudas se resolverán por correo-e del club o por WhatsApp de grupo que crearemos con las/los participantes.

Transporte y alimentación: Por cuenta de cada participante.

Localización

COMPARTIR:

Máis información

Organiza: Vogalía de Montañismo

Organiza: Vogalía de Montañismo

Localización: Ermida
Poboación: Gêres
País: Portugal

Datas da actividade

1
Desde 31 Maio, 2025 ás 08:00 ,
ata o día 1 Xuño, 2025 ás 21:00

Taboa de prezos

Tipo de billete Prezo
Socia/o Federada/o <18anos 45 €
Socia/o Federada/o >18anos 50 €
Socia/o Non Federado/a 55 €
Non socia/o <18anos 55 €
Non socia/o >18anos 75 €