Esquí – Interclubs Esquí Andorra 25

Datas para o evento

O 11 Xaneiro, 2025 á s 21:00

Localización

Grandvalira, Andorra

DESCRICIÓN: é unha “viaxe branca” (con saída do 11 ao 18 de xaneiro), dende Galicia a GrandValira (Andorra), organizada por Clubs de Montañismo, dunha semana, na que cada participante pode escoller, a maiores do paquete básico, contratar voluntariamente un forfait e esquiar libremente, inscribirse nun curso de esquí de
travesía ou de esquí alpino de distintos níveis, alugar o material deportivo, contratar seguro,…

ESQUÍ ALPINO/SNOWBOARD, OU ESQUÍ DE TRAVESÍA?: Para comprensión rápida, o esquí alpino (ou o snowboard) é so para baixar mentras que a subida é por medios mecánicos; o esquí de travesía (tamén chamado esquí de montaña) é para baixar, progresar en plano, e subir polos teus propios medios.

OBXECTIVOS:

  1. Formarse e/ou practicar ou o esquí de travesía (“esquí de montaña”) ou o esquí
    alpino ou snowboard (“esquí en pista”),
  2. Convivir entre os socios/as dos distintos Clubs participantes.
  3. Promover o esquí de travesía (ou tamén chamado “de montaña”).

CURSOS DEPORTIVOS: Un ano máis organizamos a tradicional viaxe de “esquí alpino” (con curso opcional de distintos níveis); este ano como novidade organizaremos 2 cursos de “esquí de travesía” (un de iniciación, e outro perfeccionamento) da man da Escola Galega de Alta Montaña (Federación Galega de Montañismo). Para os cursos de esquí de travesía haberá que estar obrigatoriamente federado/a FEDME, e para o curso básico é obrigatorio, como mínimo, ter un nivel básico de esquí alpino (viraxe “solvente” en paralelo en pistas azuis ben pisadas).

PARTICIPANTES: Persoas maiores de idade (ou menores acompañadas), que cumpran coas indicacións dadas nesta convocatoria, e coas instrucións dadas ao longo da viaxe en prol da convivencia e seguridade. É importante entender que este é unha viaxe colectiva organizada por entidade sen ánimo de lucro, coa idea de compartir tempo e deporte con outras persoas, de xeito tranquilo, sosegado, e axeitado ao entorno. Poderán participar persoas alleas aos Clubs organizadores cun suplemento de +25€ por gastos de xestión (ou facerse socio/a, antes de inscribirse na viaxe, dun Club organizador).

Imagen1
Imagen1

PLAN DE VIAXE:
11/Xan (sábado) Comeza a viaxe en bus pola noite dende Galicia.
12/Xan (domingo) Instalarse no hotel, recoller o material deportivo, e cear (é o primeiro servizo pagado de manutención).
13/Xan (luns) Ata o 16/Xan (xoves) almorzar, esquiar, cear e durmir no hotel.
17/Xan (venres) Almorzar, deixar as habitacións, esquiar, e ao remate da xornada deportiva, devolver o material alugado, e viaxe de regreso.
18/Xan (sábado) Pola mañá chegar a Galicia.

XUNTANZAS DE INFORMACIÓN: O xoves 19 de Nadal ás 20.30h en https://calendar.app.google/mfXAdxFPdi8VAmY6A haberá unha xuntanza telemática ás
20.30h (importante participar) para concretar asuntos da viaxe, falar sobre material aconsellado, e calquera outra dúbida que xurda.

SEGURO DE ACCIDENTES:
Nas actividades deportivas: As estacións de esquí cobran por rescate nas pistas e/ou posible tratamento médico privado nas súas instalacións. Esa cobertura é unha responsabilidade persoal de cada participante, polo que recomendamos fortemente ou ter a licenza federativa FEDME en vigor (con extensión de esquí alpino), ou outro seguro como o ofrecido pola nosa axencia de viaxes. Dende os Clubs en ningún caso seremos responsables de gasto algún vencellado a este asunto (nin en Andorra nin na casa). Os esquiadores/as de travesía, ao ser un deporte propio pola nosa Federación Galega de Montañismo xa está todo cuberto coa licenza federativa FEDME en vigor (que é obrigatoria para estes cursos).

Fora das actividades deportivas (en Andorra): O Govern de Andorra cobra pola asistencia sanitaria común que en Galicia é de balde, polo que recomendamos
fortemente acceder á web https://pssc.seg-social.es/asegurados-certificados-andorra co teu certificado persoal en Andorra (non cubre accidentes deportivos como os de esquí).

PERSOAS COORDENADORAS DE CADA CLUB ORGANIZADOR:
Provincia da Coruña: Club Marcha Nórdica A Coruña (Celsa Sánchez), Club Montaña Ferrol (Xan Ramirez), Club Rutas a Pé (Laura Lado), Club Deportivo K2Ordes (Carlos Viaño), Club Inclube Compostela (María Gómez), e Sociedad de Montala Ártabros (Fernando Pedreira).
Provincia de Lugo: Club Montaña Mustallar (Juan Tey), e o Club O Cordal (Asier Bea).
Provincia de Ourense: ASESOU (Blanca García), e Club Alpino Ourensán (Mar Pallás).
Província de Pontevedra: Club AROMON Pontevedra (David Araújo), Club Montañeiros Celtas (Fernando Fernández), e Peña Trevinca Montañeiros de Galicia (Alejandro Carrera).

PRAZO E SISTEMA DE INSCRICIÓN:
Ata o 20 de Nadal (ou ate esgotar as prazas, o que pase antes), haberá que facer:
1º Un primeiro pago por cada praza a reservar para bloquear cada praza de 350€ na conta de Viajes Sierra poñendo de referencia “Interclubs” e o nome e apelidos do viaxeiro/a (un ingreso por cada viaxeiro) en ABANCA IBAN ES73 2080 0341 1130 4004 9050.
2º Unha vez pagado o primeiro prazo, cubrir inmediatamente o seguinte formulario que podes atopar neste enlace https://forms.gle/x2vUXh9ZzwB3DBnv9
O seguinte pago (ata completar o total) farase antes do 01/Xan ás 23.59h.

DÚBIDAS: Poñerse en contacto co teu Club, ou con Viaxes Sierra (Mila) no 881 979 138 ou en viajessierra@viajessierra.com (coa referencia “Interclubs”).
Dúbidas só de esquí de travesía podes falar co técnico de esquí de travesía da Escola Galega de Alta Montaña (EGAM) Fernando Fernández no tel. 630 317 555 (tamén representante do Club Montañeiros Celtas).

Localización

COMPARTIR:

Máis información

Organiza: Club AROMON Pontevedra

Organiza: Club AROMON Pontevedra

Localización: Grandvalira, Andorra
Poboación: Soldeu
C.P.: AD100
País: Andorra

Datas da actividade

1
Desde 11 Xaneiro, 2025 ás 21:00 ,
ata o día 18 Xaneiro, 2025 ás 12:00

Taboa de prezos

Tipo de billete Prezo
Prezo obrigatorio base 540 €
Participantes non socios/as dos Clubs organizadores 25 €