IMPORTANTE: Peche de inscrición o mércores 10 de xuño, para poder xestionar o aloxamento. Despois desta data informaremos as/os participantes inscritos a modalidade de aloxamento.
DESENVOLVEMENTO: Actividade de dificultade MEDIA.
Acordaremos horario de saída e lugar no grupo de whatsapp que crearemos cos participantes para coordinar a actividade.
Saída venres 29 de maio dende o pavillón dos deportes de Pontevedra, viaxe dunhas 5 horas de duración.
Sábado, día 30 de maio (aprox. 23 km.): segueremos a ruta P.R. AS-30 denominada “Ruta allerana de les Brañes”. Comenzaremos o percorrido na localidade de Felechosa, xunto á ermida da Virxen da Antigua. Por un camiño carreteiro ascenderemos polo val percorrendo o río Fresneo. Este val estreitase e volta a abrirse en varias ocasións, dando paso nas zoas máis anchas ás Brañas de Gamonal, Mayaín e Caserón, ata culminar na pasaxe da Felguera. Pasando esta pasaxe chegamos á entrada natural do Val Chirrial, sobre o que descansa a ladeira meridional do Pico Retriñón (1.862 m). Comezaremos a subida ao pico, e unha vez conseguida o cumio camiñaremos pola cordal observando, dende arriba, os ricos pastizais salpicados polas brañas de El Otero, as Ordaliegas, a Mornera e Mollón. Unha vez que cheguemos á Peña da Tabierna descenderemos campo a través pola empinada ladeira ata a braña da Tabierna. A partir de eiquí descenderemos hacia Cuevas, cruzando inicialmente o Arroio da Piornosa, así como o balcón natural da Chomba, e tras unha vertixinosa baixada chegaremos ó Arroio do Cuervu, que vadearemos para penetrar no bosque de faias da Argallaona, que nos conducirá ó Val de Celleo, no que de novo atoparemos cabanas pastoris e a braña de Cuadrazos. Algo máis adiante alcanzaremos a estrada AS-253 no área recreativa de Les Moyaes, onde faremos un pequeno descanso para relaxar as pernas despois da prolongada baixada. Dende eiquí ata Felechosa sigueremos o camiño que dende a antiga Ponte da Muñeca pasa pola Braña da Casona e a piscifactoría.
Domingo, día 31 de maio (aprox. 13 km.): este día faremos un tramo da ruta P.R. AS-31 denominada “Ruta allerana de les Foces de El Pino y Río Aller”. Dende o pobo de Felechosa colleremos un camiño asfaltado que conduciranos ata a localidade de El Pino un quilómetro máis adiante, alí poderemos cargar auga na fonte do pobo, e máis adiante atoparemos a famosa fonte de auga ferruxinosa, que di a lenda que quen a beba contraerá casamento no próximo ano. Subindo pola pista asfaltada chegaremos ata o camiño empedrado que pouco a pouco conduciranos ata a entrada da angosta entaladura da “Foz de El Pino”. A partir de eiquí deberemos levar cargadas as cantimploras. A súa saida e variando o rumbo á esquerda remontaremos a ladeira dos Pandos, onde localizanse a chanzos as Majadas de Juécara, o Pedroso, Palacios e Cuadrezu. Trala ascensión, na que non hai camiño definido, dirixímonos por chan hacia a fonte do Pando contigüa á pasaxe Cavera, lugar panorámico onde admirar as paisaxes do veciño porto de Braña. Este lugar é ademáis o punto culminante deste roteiro, o cal descende hacia Cuevas, pasando pola profunda Majada de Gallos. Trátase dun sendeiro mantido polos “vaqueiros” das brañas que atoparemos, que suben a cabalo tódolos días, durante os seis meses da tempada, para coidar do seu gando. Na pronunciada baixada, atención para os que teñen problemas de xeonllos, atoparemos o crestón da Melera, almenado bastión calcáreo que profundiza hacia o río Braña. Nalgunhas das súas paredes prácticase a escalada (Escola de escalada de Cuevas), e si o tempo acompaña atoparemos grupos de escaladores. O roteiro continúa hacia a base da pena, ata Chegar a ponte da Muñeca, xunto á área recreativa de Les Moyaes, e dende eiquí a Felechosa polo camiño que xa coñecemos do día anterior.
MATERIAL necesario: mochila, frontal (obrigatorio), alimentos e bebida para o día, bastóns, botas ou zapatillas de montaña, peza de abrigo, peza impermeable, gorra, lentes de sol, crema solar e material que cada un considere que poida necesitar.
O CUSTO INCLÚE: Desprazamento en coches de participantes, aloxamento, guiado benévolo da actividade e seguros obrigatorios, non haberá xuntanza informativa previa, as dúbidas resolveranse por correo-e do club ou no whatsapp de grupo que crearemos cas/os participantes.
TRANSPORTE: Vehículos propios.