IMPORTANTE: Peche de inscrición o martes 1 de setembro, para poder xestionar o aloxamento. Despois desta data informaremos as/os participantes inscritos a modalidade de aloxamento.
DESENVOLVEMENTO: Actividade de dificultade MEDIA.
Acordaremos horario de saída e lugar no grupo de whatsapp que crearemos cos participantes para coordinar a actividade.
Saída venres 11 de setembro dende o pavillón dos deportes de Pontevedra, viaxe dunhas 5 horas de duración.
Sábado, día 12 de setembro – Peña Ten (2.142 m.)
Sairemos da Uña, faremos sobre un quilómetro de estrada e tomaremos o camiño do pobo de Ventanilla, o cal deixaremos para dirixirnos ao porto de Corvas, seguiremos a ascensión ata un cresterio sinxelo duns 700 m para teminar acadando o cumio.
Distancia aproximada 16 Km. Desnivel aproximado 985 m. Duración 7 a 8 horas Dificultade técnica Media.
Domingo, día 13 de setembro – Pico Yordas (1.964 m.)
Sairemos do pobo de Liegos por unha pista, que deixaremos para coller un faiedo que nos subirà ata a pasaxe de Baulloso dende onde veremos o antecumio e cun último esforzo chegaremos ao cumio .
Distancia aproximada 12 Km. Desnivel aproximado 800 m Dificultade técnica: Baixa. Duración aproximada de 5 a 6 horas.
MATERIAL necesario: mochila, frontal (obrigatorio), alimentos e bebida para o día, bastóns, botas ou zapatillas de montaña, peza de abrigo, peza impermeable, gorra, lentes de sol, crema solar e material que cada un considere que poida necesitar.
O CUSTO INCLÚE: Desprazamento en coches de participantes, aloxamento, guiado benévolo da actividade e seguros obrigatorios, non haberá xuntanza informativa previa, as dúbidas resolveranse por correo-e do club ou no whatsapp de grupo que crearemos cas/os participantes.
TRANSPORTE: Vehículos propios.