Programación:
11 e 12 outubro Montaña e Espeleoloxía na zona leonesa de Boñar-Cistierna
Vénres 10 viaxe en coches dos participantes ata Sotillo de Sabero (5h aprox.) e pernocta no albergue. Sábado 11 actividade de montaña. Domingo 12 actividade de espéleo pola maña e volta a Pontevedra pola tarde.
Aloxamento no Albergue “Peque Prol” propiedade do E.C.A. (Espéleo Club Aradelas) de Vigo.
Actividade de Montaña: varias opcións a valorar, Susarón na Puebla de Lillo, Peñas Pintas en Las Salas, Peñacorada en Cistierna, etc. A proposta inicial será sair dende Arintero, ascender ó pico Socellerón e continuar toda a cresta cara o sur pasando pola “Forqueta de Arintero” e baixar polo pico Gudín para rematar en roteiro circular cara Arintero.
Cova a visitar: “El Rubio” en Vegacervera.
MATERIAL necesario: Botas, mochila, frontal, bastóns, alimentos e bebida para o día, peza de abrigo, peza impermeable, gorra, lentes de sol, crema solar, e o material que cada un considere que poida necesitar.
MATERIAL para entrar na COVA (espéleo): CASCO (vale de bici), LUZ frontal instalada no casco, FUNDA de traballo (mono) ou roupa vella que non importe arrastrar e manchar a tope, LUVAS (de traballar, de horta, de cociña, NON de textil), CALZADO con boa sola ou botas de goma “katiuskas” e BOLSA de plástico ou similar para gardar toda a roupa e material cheo de lama ao sair.
O CUSTO INCLÚE: Desprazamento en coches de participantes dende Pontevedra, aloxamento en Albergue Peque Prol (2 noites), alimentación por conta dos participantes, guiado benévolo da actividade e seguros obrigatorios, non haberá xuntanza informativa previa, as dúbidas resolveranse por correo-e do club ou no whatsapp de grupo que crearemos cas/os participantes.
TRANSPORTE: Vehículos propios.