Montañismo Familiar – Caurel 26

Datas para o evento

O 23 Outubro, 2026 á s 18:00

Localización

Albergue Folgoso de Caurel

Lugar.- Folgoso do Courel

Saída.- Venres 23 de outubro ás 18:00h no Pavillón dos Deportes de Pontevedra.

Os menores deberán vir acompañados dun adulto ao seu cargo

Inscrición.- Inclúe organización, monitores, seguros, cea do sábado 24 no Mesón O Mirador (entrante+primeiro+postre+café e bebidas), 2 noites de pernocta no albergue do Folgoso (venres 23 e sábado 24) en literas con saba, manta e toalla por persoa (non fai falta saco de durmir), no albergue teremos zona para almorzar/cear, placa cociña, neveira, micro, cafeteira e vaixela. Desprazamento e resto de comidas por conta do participante.

Desenvolvemento.- Faremos viaxe (2 horas 45’ aprox.) ata Folgoso. O sábado faremos un roteiro de montaña e bosque e o Domingo faremos unha actividade similar pero mais curta, para acabar antes do xantar, que organizaremos nas proximidades, Restaurante ou bocadillo segundo se queira, fora do custo da actividade.

Material.- Estamos en Montaña e en outono, precisaremos roupa de abrigo, chuvasqueiro/curtaventos, calzado e roupa para camiñar, e que nunca falte moitas gañas de desfrutar.

*Os impostos poderían variar en función da dirección de facturación facilitada

Localización

COMPARTIR:

Máis información

Organiza: Vogalía de Montañismo

Organiza: Vogalía de Montañismo

Localización: Albergue Folgoso de Caurel
Rúa: Fondo de Vila
Poboación: Folgoso de Caurel
Provincia: Lugo
C.P.: 27325
País: España

Datas da actividade

1
Desde 23 Outubro, 2026 ás 18:00 ,
ata o día 25 Outubro, 2026 ás 23:00

Taboa de prezos

Tipo de billete Prezo
Socio/a FEDERADO/A MENOR 18 anos 60 €
Socio/a FEDERADO/A maior 18 anos 65 €
SOCIO/A Non Federado/a 70 €
NON socio/a MENOR 18 anos 70 €
NON socio/a 85 €