Lugar.- A Seara
Saída.- Venres 23 de outubro ás 18:00h no Pavillón dos Deportes de Pontevedra.
Os menores deberán vir acompañados dun adulto ao seu cargo
Inscrición.- Inclúe organización, monitores, seguros, cea do sábado 24 en A Seara, 2 noites de pernocta no refuxio da FGM (venres 23 e sábado 24) en literas con colchón, hai que traer saco de durmir, duchas, comedor, e zona para cociñar, pero hai que levar cocinilla e vaixela. Desprazamento e resto de comidas por conta do participante.
Desenvolvemento.- Faremos viaxe (2 horas 45’ aprox.) ata A Seara. O sábado faremos un roteiro de montaña e bosque e o Domingo faremos unha actividade similar pero mais curta, para acabar antes do xantar, que organizaremos nas proximidades, Restaurante ou bocadillo segundo se queira, fora do custo da actividade.
Material.- Estamos en Montaña e en outono, precisaremos roupa de abrigo, chuvasqueiro/curtaventos, calzado e roupa para camiñar, e que nunca falte moitas gañas de desfrutar.
*Os impostos poderían variar en función da dirección de facturación facilitada