DATA: 7 de febreiro.
O CUSTO INCLÚE: Desprazamento en coches dos participantes, guiado benévolo da actividade e seguros obrigatorios, non haberá xuntanza informativa previa, as dúbidas resolveranse por correo-e do club (info@aromon.gal) ou no whatsapp de grupo que crearemos cos participantes.
DIFICULTADE: Condición física MEDIA (marcha de 18 km e desnivel+ de 800 m. aprox.), condición técnica BAIXA (camiñar).
ACTIVIDADE DEPORTIVA: Comezaremos en Sao Bento do Cando (Portugal), subiremos por unha pista e pasaremos por brañas, para monte a través chegar ao cumio do Pedrada (1.416 m.).
MATERIAL necesario: Mochila, alimentos e bebida para o día, bastóns (aconsellable), zapatillas ou botas (impermeables), chuvasqueiro ou curtaventos, roupa de abrigo, frontal (obrigatorio), gorra, lentes de sol, crema solar e todo o que cada un considere que poida necesitar.
TRANSPORTE: Vehículos propios dos participantes.