ORGANIZAN: Chus Abilleira e Carlos Morais
DATAS: 1 ao 3 de novembro.
O CUSTO INCLÚE: Desprazamento en coches dos participantes, aloxamento en hostal, guiado benévolo da actividade e seguros obrigatorios, non haberá xuntanza informativa previa, as dúbidas resolveranse por correo-e do club (info@aromon.gal) ou no whatsapp de grupo que crearemos cos participantes.
DIFICULTADE: Condicións física MEDIA (marchas entre 10 e 20 km, desniveis apox. 900 m), condicións técnicas BAIXA (camiñar).
ACTIVIDADE DEPORTIVA:
– Venres día 1. – Comenzamos no pobo de Fontún de la Tercia (Villamanín), subiremos o pico Fontún o Macacado (1.955 m), Peña Machamedia (1.863 m), Machamedia (1.911 m) e Peña Redonda (1.894 m). Distancia 10 km con 876 m desnivel.
– Sábado día 2, –Comezaremos o día en Correcillas e ascenderemos o Pico Polvoreda ou Correcillas (2.007 m). Distancia 14,5 km con 795 m de desnivel.
– Domingo día 3, Comezaremos en Llamazares, a primeira parte do percorrido coincide cunha ruta siñalizada que vai dende Llamazares a Redilluera, nun bosque con pinar tomaremos un desvío a esquerda, continuando por pista de terra ata unha gran rocha onde deixaremos a pista para ir ascendendo entre faias e piornos de matorral, un sendeiro “hitado” conduciranos ata a “Cuevona” así chamada porque a xente que vivía no val calculaba a hora pola sombra que o sol producía na cova. Continuaremos ata un pequeno collado e seguidamente ata o cumio do Bodón (1.960 m). Despois tras percorrer toda a aresta que as une chegaremos ata o Cueto Cabanas (1.909 m) e regresaremos ao coche, facendo unha circular. Distancia 11 km con 1.082 m de desnivel.
MATERIAL necesario: Mochila, alimentos e bebida para o día, bastóns (aconsellable), zapatillas ou botas (impermeables), chuvasqueiro ou curtaventos, roupa de abrigo, gorra, lentes de sol, crema solar e todo o que cada un considere que poida necesitar.
TRANSPORTE: Vehículos propios dos participantes.
Disponibilidade
Dende mércores, 24 de xullo de 2024
Ata martes, 29 de outubro de 2024
*Os impostos poderían variar en función da dirección de facturación facilitada