Programación:
Dia 13 – Garganta de las Lanchas e Pico Atalayón (1.293 m). Sairemos da pedanía de Las Hunfrias por uhna pista e logo deixaremos atrás zonas depinar. Aos 3km comezará a Microrreserva de las Lanchas, é un pequeno val boscoso percorrido por un arroio que verte súas augas ao río Gévalo, protexido pola valiosa variedade de especies amenazadas de flora: loros(prunus lusitanica), teixos… e fauna, así como polo seu interese paisaxístico, no que destaca a presencia de varios saltos de auga (chorreras). Unha vez superada a garganta desviaremonos á esquerda para acadar a cima do Atalayón. O regreso será por unha pedrera ata conectar coa última parte común da ruta.
– Distancia aproximada 18 Km – Desnivel aproximado 700 m – Dificultade tecnica: Baixa
Dia 14 – Ascension ó Rocigalgo (1.449 m) Parque Nacional de Cabañeros. Sairemos da caseta de información do Parque de Cabañeros (Navalucillos). Comezamos a marcha por unha pista forestal paralela a un arroio ata un depósito de auga. Tomaremos unha senda á esquerda para tomar altura, deixaremos o camiño para chegar á base da Chorrera. Volvendo á senda chegaremos á parte superior da cascada. A continuación pasaremos por unha zona preciosa chamada “las cornisas”, onde hai unhas cadeas. Chegamos a unha nova bifurcación e alcanzaremos a segunda cascada ”Chorrera Chica”. Tras cruzar o arroio adentramonos nun robledal e chegaremos ao “Collado del Chorro”. Seguimos o camiño e tras un repecho chegaremos á cima do Rociglago (Teito de Toledo).
– Distancia aproximada 22 Km – Desnivel aproximado 1.000 m – Dificultade tecnica: Baixa
Dia 15. Hoz Carboneros-Pico de la Sombrera (1.401 m). Hoz de Carboneros. Pertence ó término municipal de Hontanar, na comarca dos Montes de Toledo. É un val que exténdese ao longo do curso dos arroios Trevejiles e Gimena, estreitándose na parte máis alta nuha gorxa onde a auga precipítase creando bonitas fervenzas. Partimos da ermida da Milagra en dirección sur. A 3,5 km aprox. chegamos ao “Collado del Portachuelo”, a continuación “Arroyo de la Gimena” que seguiremos ata atoarnos co “Arroyo de los Trevejines”, continuamos por este último pasando por dúas pequenas “chorreras” e logo veremos a impresionante fervenza “Hoz de Carboneros”. Despois seguindo un terreo de monte baixo e pedrera, e facendo algunha trepada chegamos á cordal. Por un camiño menos empinado subiremos ao Corral de Cantos (1.420 m). Regresamos ao camiño que traemos e continuando acadamos o “Collado de Cruz de los Llanos”, logo en dirección norte ascenderemos ao cumio de Sombrerera (1.403 m). Regreso polo “Collado de la Madroña”.
– Distancia aproximada 22 Km – Desnivel aproximado 800 m – Dificultade técnica Baixa.
DIA 16. Castañar de Tiemblo (Ávila). Comezamos no aparcadoiro “Castañar del Tiemblo”. A ruta levaranos por un sendeiro ó Castañar, onde poderemos admirar un fermoso e único exemplar centenario de Castaño, “El Abuelo” (monumental castaño centenario, con máis de 500 anos de idade, de enorme perímetro (12,50 m.) e suxerente silueta (19 m. de altura), e dende alí, cruzando o arroio de San Jurdon, ir gañando altura en dirección o Portacho del Pozo, dende onde poderemos desviarnos para admirar as vistas sobre o “Valle de las Iruelas”, e chegar ao “Pozo de la Nieve”, e un pequeño refugio anexo, onde antigamente, vivirían as persoas que recollian a neve.
– Distancia aproximada 10 Km – Desnivel aproximado 423 m – Dificultade técnica Baixa
MATERIAL necesario: mochila, frontal (obrigatorio), alimentos e bebida para o día, bastóns, zapatillas, peza de abrigo, peza impermeable, gorra, lentes de sol, crema solar e material que cada un considere que poida necesitar.
O CUSTO INCLÚE: Desprazamento en coches de participantes, aloxamento, guiado benévolo da actividade e seguros obrigatorios, non haberá xuntanza informativa previa, as dúbidas resolveranse por correo-e do club ou no whatsapp de grupo que crearemos cas/os participantes.
TRANSPORTE: Vehículos propios.