Familiares – Caurel

Datas para o evento

O 25 Outubro, 2024 á s 18:00

Localización

Folgoso do Courel

Lugar.- Folgoso do Courel

Organizan.- Carmiña e Manolo. Espeleos Toño e Susana.

Saída.- Venres 25 de outubro ás 18:00h no Pavillón dos Deportes de Pontevedra.

Os menores deberán vir acompañados dun adulto ao seu cargo

Inscrición.- Inclúe organización, monitores, seguros, cea do sábado 26 no Mesón O Mirador (entrante+primeiro+postre+café e bebidas), 2 noites de pernocta no albergue do Folgoso (venres 25 e sábado 26) en literas con saba, manta e toalla por persoa (non fai falta saco de durmir), no albergue teremos zona para almorzar/cear, placa cociña, neveira, micro, cafeteira e vaixela. Desprazamento e resto de comidas por conta do participante.

Desenvolvemento.- Faremos viaxe (2 horas 45’ aprox.) ata Folgoso. O sábado faremos un roteiro de montaña e bosque e o Domingo faremos unha actividade de espeleoloxía entrando na cova natural de Cortiñas (Herrerías-Pedrafita), para acabar antes do xantar, que organizaremos nas proximidades, Restaurante ou bocadillo para os que queiran, fora do custo da actividade.

Material.- Estamos en Montaña e en outono, precisaremos roupa de abrigo, chuvasqueiro/curtaventos, calzado e roupa para camiñar, e que nunca falte moitas gañas de desfrutar.

Para acceder a cova precisaremos: CASCO (vale de bici) quen non teña que fale co club, LUZ frontal instalada no casco, FUNDA de traballo (mono) ou roupa vella que non che importe arrastrar e manchar a tope, LUVAS (de traballar, de horta, de cociña, NON de textil), CALZADO con boa sola ou botas de goma “katiuskas” e BOLSA de plástico ou similar para gardar toda a roupa e material cheo de lama ao sair.

Disponibilidade
Dende mércores, 18 de setembro de 2024
Ata martes, 22 de outubro de 2024

*Os impostos poderían variar en función da dirección de facturación facilitada

Localización

COMPARTIR:

Máis información

Localización: Folgoso do Courel
País: España

Datas da actividade

1
Desde 25 Outubro, 2024 ás 18:00 ,
ata o día 27 Outubro, 2024 ás 23:00

Taboa de prezos

Tipo de billete Prezo
Socio/a FEDERADO/A MENOR 18 anos 60 €
Socio/a FEDERADO/A maior 18 anos 65 €
SOCIO/A Non Federado/a 70 €
NON socio/a MENOR 18 anos 70 €
NON socio/a 80 €