Familiar – Río Caldo no Xurés

Datas para o evento

O 31 Agosto, 2024 á s 09:00
O 1 Setembro, 2024 á s 09:00

Localización

Río Caldo

Saída.- Sábado 31 dende o Pavillón dos Deportes de Pontevedra ás 9:30 h

*Os menores deberán vir acompañados dun adulto ao seu cargo*

Inclúe organización, cea do sábado, pernocta do sábado en bungalow camping Viña Grande, almorzo do domingo e seguro para Non Federado. DESPRAZAMENTO e resto de comidas por conta do participante.

Desenvolvemento.- Faremos viaxe o mesmo sábado 31 (2 ½ horas aprox.) ata as inmediacións do río Caldo. Baño e xantar á beira do río. Marcharemos arredor das 19:00 h ao Camping Viña Grande, cear e durmir. 

O domingo 1 pola mañá tralo almorzo faremos unha pequena camiñada ata as pozas da Corga da Frecha (ou algún roteiro similar), onde nos bañaremos e xantaremos, baixada de volta e retorno arredor das 18:00 h para chegar a Pontevedra contra ás 21:00 h.

Material necesario.- Gorra, crema solar, roupa de baño, calzado para auga (chanclas pechadas na taloneira para bañarse no río cheo de cons), chuvasqueiro se o tempo o precisa, calzado e roupa para camiñar, algo de roupa de abrigo e moitas gañas de desfrutar. 

Localización

COMPARTIR:

Máis información

Organiza: Club AROMON Pontevedra

Organiza: Club AROMON Pontevedra

Localización: Río Caldo
Poboación: Lobíos-Entrimo
Provincia: Ourense
C.P.: 32860
País: España

Datas da actividade

1
Desde 31 Agosto, 2024 ás 09:00 ,
ata o día 31 Agosto, 2024 ás 22:00
2
Desde 1 Setembro, 2024 ás 09:00 ,
ata o día 1 Setembro, 2024 ás 22:00

Taboa de prezos