ACTIVIDADE DEPORTIVA:
– Sábado día 11, SENA de LUNA zona de escalada deportiva equipada. Acceso as vías, uns 25′ a pé dende os coches. Botar o día e baixar para cear, posibilidade de encargar ou preparar no refuxio.
– Domingo día 12, RABANAL de LUNA zona de escalada deportiva equipada. Recollemos o refuxio e imos escalar pola mañá, acceso as vías, uns 10′ a pé dende os coches, xantar no sector e viaxe de retorno.
REQUISITOS MATERIAL: Saco de durmir, material de escalada individual (casco, arnés, asegurador e pes de gato), roupa adecuada e comida para o fin de semana. E todo o que cada un considere que poida necesitar.
O CUSTO INCLÚE: 2 pernoctas no refuxio de Torrebarrio (liteiras corridas), guiado benévolo da actividade e seguros obrigatorios, información das vías e zonas de escalada RABANAL e SENA, e algún material colectivo de escalada (cordas e material duro). NON haberá xuntanza informativa previa, as dúbidas resolveranse por correo-e do club ou no whatsapp de grupo que crearemos cos participantes.
Os menores deberán vir acompañados dun adulto ao seu cargo.
DIFICULTADE: Abundancia de vías entre 5º e 7º, máxima dificultade 8a+, aproximación máxima 30′.
PLAN de VIAXE: Saída o venres 10 (a concretar).
TRANSPORTE: Desprazamento e resto de comidas por conta do participante.