Montañismo – Picon e Fervenza de Sotillo

Datas para o evento

O 7 Setembro, 2024 á s 09:00
O 8 Setembro, 2024 á s 09:00

Localización

Sierra de la Cabrera Baja

ACTIVIDADE DEPORTIVA:

Sábado día 7: Comezaremos na “Laguna de los Peces” continuaremos ata a” Laguna de las Yeguas”, subiremos á Plana (2.028 m), pasaremos pola Lagoa de Fueyo grande e por ultimo subiremos ao Alto de Rio Pedro (2.028 m) e o Picón (2.079 m). Regreso ao punto de partida. Distancia 20 km, desnivel 659 m.

Domingo día 8: Comezaremos Sotillo de Sanabria, por sendeiros subiremos ata a fervenza de Sotillo e a continuación á lagoa de Sotillo. Distancia 13,4 km, desnivel 806 m.

DIFICULTADE: Condición física MEDIA (marcha entre 10 e 20 km), condicións técnicas BAIXA (camiñar).

MATERIAL necesario: Mochila, alimentos e bebida para o día, bastóns (aconsellable), zapatillas ou botas (impermeables), chuvasqueiro ou curtaventos, roupa de abrigo, gorra, lentes de sol, crema solar e todo o que cada un considere que poida necesitar.

O CUSTO INCLÚE: Desprazamento en coches dos participantes, aloxamento en hostal, guiado benévolo da actividade e seguros obrigatorios, non haberá xuntanza informativa previa, as dúbidas resolveranse por correo-e do club (aromon@aromon.es) ou no whatsapp de grupo que crearemos cos participantes.

TRANSPORTE: Vehículos propios dos participantes.

Localización

COMPARTIR:

Máis información

Organiza: Vogalía de Montañismo

Organiza: Vogalía de Montañismo

Localización: Sierra de la Cabrera Baja
Poboación: Puebla de Sanabria
C.P.: 24746

Datas da actividade

1
Desde 7 Setembro, 2024 ás 09:00 ,
ata o día 7 Setembro, 2024 ás 20:00
2
Desde 8 Setembro, 2024 ás 09:00 ,
ata o día 8 Setembro, 2024 ás 20:00

Taboa de prezos

Tipo de billete Prezo
Socia/o FEDERADA/O 125 €
SOCIA/O 140 €
NON socia/o 160 €