Programación:
Inicio do roteiro en Ponte Maceira (Ames – A Coruña), un dos pobos máis bonitos de España, une os municipios de Negreira e Ames separados polo Río Tambre.
Iniciamos o roteiro en Ponte Maceira, atravesando a ponte (datado do século XIII) e o Pazo de Baladrón penetrámonos no “bosque máxico”, cheo de castiñeiros, carballos, piñeiros e outras especies autóctonas. Tras finalizar este primeiro tramo o roteiro condúcenos á marxe do río Tambre. O carreiro acompaña ao río, ancho, caudaloso e silencioso. O río escóndese tras unha beira con abundante vexetación que nos permite gozar de forma moi intermitente das vistas do río
Á altura de Portochán a ponte permítenos cambiar de marxe e iniciar o regreso. Na área recreativa de Tapia aproveitaremos para comer e se o tempo acompaña, un baño. A volta acompañando o descenso do río realízase por carreiros, algún tramo estreito e sinuoso, e outros veces ancho e fácil de camiñar.
– Distancia aproximada 19 Km – Dificultade tecnica: Baixa
MATERIAL necesario: mochila, alimentos e bebida para o día, bastóns, zapatillas, peza de abrigo, peza impermeable, gorra, lentes de sol, crema solar e material que cada un considere que poida necesitar.
O CUSTO INCLÚE: Desprazamento en coches de participantes, guiado benévolo da actividade e seguros obrigatorios, non haberá xuntanza informativa previa, as dúbidas resolveranse por correo-e do club ou no whatsapp de grupo que crearemos cas/os participantes.
TRANSPORTE: Vehículos propios.