SAIDA dende o Pavillón Municipal de Pontevedra ás 8:30 h
FINAL do roteiro en Forcarei ás 14:00 h. Actividade de tarde é libre.
Os menores de idade que se inscriban deberán vir acompañados dunha adulta/o
Programación:
Trátase dunha ruta fluvial, por sendas pouco transitadas entre a Nacional 541 e a Vila de Forcarei. É un pequeño tramo do lexendario sendeiro AS PONTES DO LÉREZ, dende Serrapio (Pedre) ata Aciveiro.
Inicio do roteiro en Cachofés, estrada de Ourense, antes do cruce para Forcarei. Son 45 minutos de traxecto dende Pontevedra.
Baixaremos camiñando pola estrada ata unha pequena ermida e por camiños ata o Cruceiro e Igrexa de San Pedro de Parada. Dende un pequeño lugar próximo, cunha fonte de auga, xa nos adentramos no río, na Ponte de Parada, de orixe medieval (sec XIV). Preto dela o pasal do regueiro da Freixeira.
Camiñaremos durande horas na beira do río, cuberto de bosque e maleza ata a Ponte de Gomail, ponte medieval (XV) de tres arcos.
Chegados a este punto abandonamos o río e comezamos a subida ata a preciosa vila de Forcarei, na que xantaremos no Restaurante Victoria, o xantar non é obrigado, nin esta incluido no prezo, custo do xantar 20€.
Para a tarde temos moitas posibilidades de visitas na comarca, pero o mais provable é que visitemos a Torre de Alarma de Barciela, moi preto da zona do río que camiñamos e que descansemos da ruta nas piscinas fluviais de Cerdedo.
– Distancia aproximada 8 Km – Dificultade tecnica: Baixa
MATERIAL necesario: IMPRESCINDIBLE roupa longa por toparnos con sendeiros sen rozar. Mochila, alimentos para un almorzo, bebida (haberá fontes no camiño), botas millor que zapatillas, prenda impermeable, bañador e toalla e o material que cada un considere que poida necesitar.
O CUSTO INCLÚE: Desprazamento en coches de participantes, guiado benévolo da actividade e seguros obrigatorios, non haberá xuntanza informativa previa, as dúbidas resolveranse por correo-e do club (info@aromon.gal) ou no whatsapp de grupo que crearemos cas/os participantes.
TRANSPORTE: Vehículos propios. Actividade de tarde é libre.
Enlace do roteiro: rutapontesdolerez-wikilog
Fotos do roteiro: rutapontesdolerez