O programa configura unha oferta cultural e de ocio educativo para a mocidade e adolescencia (entre os 8 e 35 anos). Rapazas e rapaces teñen a oportunidade de realizar actividades ao aire libre, a través das cales se favorece o seu desenvolvemento persoal con valores positivos de inclusión, respecto, creatividade, hixiene, esforzo e igualdade.
