ACTIVIDADE DEPORTIVA:
– Sábado día 5 – “Fraga da Marronda”. Roteiro circular de 22,6 km. Saímos do pobo de San Paio e ascendemos por fermosos prados de montaña ata os 934 m. da Pena da Raia. Seguindo a divisoria do Monte O Candón chegaremos á aldea de Mendreiras. Unha vez na aldea descenderemos, atravesando a Fraga da Marronda, que constitúe un dos faiedos máis importantes do sur de Europa, ata área recreativa de A Cortevella. Neste punto seguiremos polo bosque de ribeira do río Eo e pasando pola aldea de Cabreira chegaremos de novo á aldea de San Paio. Neste último tramo, duns 9 km, si o horario o permite, baixaremos a ver a fervenza de O Pozo da Ferreira.
– Domingo día 6 – “Chan de Pousadoiro-Río Eo”. Ruta circular de 21,6 km. Saímos do lugar de Chao de Pousadoiro pola marxe dereita do río Eo. Este día abarcaremos un novo tramo augas abaixo do río Eo, importante dío do norte de Galiza de 99 km de lonxitude, que nace no Fonteo (Baleira) e desemboca na localidade de Ribadeo. Actualmente é un dos poucos ríos salmoeiros debido á boa calidade das súas augas. Seguindo o bosque de ribeira chegaremos ata área recreativa da Texeira. A partir de eiquí abandoamos o río e, pasando pola aldea de A Retorta, comenzaremos unha forte subida en zig-zag que nos levará ata o mirador do pico Pena Millares duns 600 m. de altitude. Segueremos o sendeiro xa sen fortes desniveis ata a aldea de A Budueira. Aínda subindo uns metros chegaremos ás Peñas de Sanmamede a partir das cales baixaremos en forte pendente ata a aldea de Lamas, xa preto de novo do bosque de ribeira do río Eo. Baixaremos ata a ponte colgante sobre o mesmo e, xa pola súa marxe esquerda, chegaremos ao punto de partida en Chao de Pousadoiro (Ribeira de Piquín).
Punto Encontro: Sábado 5 ás 9:00h na gasoliñeira da A-6, km 479. https://maps.app.goo.gl/Lw5rN7Cu2Zx4PcER9
O CUSTO INCLÚE: Desprazamento en coches dos participantes, aloxamento o sábado no Hotel Rest. Moneda no Cádavo (Baleira), cea e almorzo por conta do participante, guiado benévolo da actividade e seguros obrigatorios, non haberá xuntanza informativa previa, as dúbidas resolveranse por correo-e do club (aromon@aromon.es) ou no whatsapp de grupo que crearemos cos participantes.
DIFICULTADE: Condición física: MEDIA (pola lonxitude dos percorridos), condicións técnicas: BAIXA (camiñar).
MATERIAL necesario: Mochila, alimentos e bebida para o día, bastóns (aconsellable), zapatillas ou botas (impermeables), chuvasqueiro ou curtaventos, roupa de abrigo, gorra, lentes de sol, crema solar e todo o que cada un considere que poida necesitar.
TRANSPORTE: Vehículos propios dos participantes.