Sendeirismo – Monte Pedrada (Serra Soajo / P.N.P.G)

Datas para o evento

O 25 Xaneiro, 2025 á s 08:00

Localización

Sao Bento do Cando

Monte Pedrada
Monte Pedrada

Actividade de sendeirismo de día que comezaremos en Sao Bento do Cando (Portugal), subiremos cara a unhas brañas, para chegar ao cumio do monte Pedrada (1.416m).

Terá unha distancia aproximada de 18 Qm, e un desnivel positivo e negativo de 800m, cunha dificultade obxectiva baixa.

O material necesario será mochila de ataque, lanterna (obrigatoria e prefrerentemente frontal), alimentos e bebida para o día, bastóns, zapatillas ou botas, abrigo para o vento e para o frío, impermeable, gorra, lentes de Sol, crema solar e material que cada un considere que poida necesitar, teléfono con plena batería e en silencio.

Inscrición (de máximo 20 prazas) até o mércores 22 de xaneiro. Inclúe preparación e organización, monitores benévolos, desprazamento (en coche dos participantes) e seguro de accidentes para os non federados/as.

Non haberá xuntanza previa. As dúbidas resolveranse por teléfono do clube o no whatsapp do grupo.

Localización

COMPARTIR:

Máis información

Organiza: Vogalía de Sendeirismo

Organiza: Vogalía de Sendeirismo

Localización: Sao Bento do Cando
Poboación: Gavieira
País: Portugal

Datas da actividade

1
Desde 25 Xaneiro, 2025 ás 08:00 ,
ata o día 25 Xaneiro, 2025 ás 20:00

Taboa de prezos

Tipo de billete Prezo
Socia/o AROMON Federado/a AROMON 25 €
Socio/a AROMON 30 €
Non socia/o 40 €