Saída: Ás 09:00 h dende o Pavillón dos Deportes de Pontevedra.
Inicio do Roteiro: A Almuzara (Boborás) a 60 km de Pontevedra.
Organiza: Segundo Querejeta
INSCRICIÓN: Inclúe organización, seguro e monitores.
DESCRICIÓN: O roteiro iniciase no lugar de A Almuzara e camínase hacia a aldea de Penedo pasando por unha concentración de hórreos, desviándose un pouco máis adiante por un camiño estreito empezando un descenso que leva a A Ponte Nova e á ribeira do río Viñao, onde pódense ver un par de muiños, continúa por un camiño de carros entre muros que termina na aldea de Balboa (hai unha fonte), de novo adéntrase no bosque e descende ata o río Viñao e o acompaña ata a ponte que atravesa desviandose á dereita para dirixirse ás minas. As minas son 9, e están dispostas en dous niveis, no de abaixo están a 7, 8 e 9 e un canal que circula paralelo a elas (seguindo por él chégase a unha gruta natural con moi pouco fondo) e na parte alta o resto, da 1 á 6, algunhas están anegadas, e o resto están precintadas. A volta desvíase á dereita e atravesa outro bosque que leva ó pobo de Brués e despois chégase a Ponte Vella de Brués. Neste punto non hai que cruzar a ponte e continúase polas proximidades do río Viñao ata chegar a ponte de Poldras, a cal si hai que cruzar atopando no outro lado un indicador que informa da zoa termal de Brués (a escasos metros) e onde o camiño segue pola ribeira oposta do río e volve a Ponte vella de Brués, continuando á dereita empeza unha subida que chega a Boborás, atravesando o núcleo urbán chégase a outro bosque que se atravesa para chegar de novo ao punto de partida.
DIFICULTADE: Baixa, aproximadamente 15 km.
MATERIAL ACONSELLADO: Roupa e calzado cómodo e de abrigo, chuvasqueiro si hai previsión de choiva ou vento, comida e auga para o día, gorra, gafas de sol, crema solar e bastóns.