Sendeirismo – Monte Castrove

Datas para o evento

O 19 Abril, 2026 á s 09:00

Localización

Monte Castrove

Punto de partida dende dende o aparcadoiro de Lourido á carón do Restaurante “Isla de Tambo”. Quedamos alí ás 9:30 horas. Non se reorganizan coches.

Organizan: Chus Abilleira e Carlos Morais.

INSCRICIÓN: Inclúe organización, seguro e monitores.

DESCRICIÓN: Domingo 19 de abril: Comenzaremos o percorrido no aparcadoiro de Lourido xunto ó restaurante “Isla de Tambo”. Seguiremos pola senda costeira, pasando pola praia de Cabeceira ata o Área Recreativa da Seca. Comenzaremos a subir un pouco máis adiante seguindo o Rego do Pereiro, con abundante auga e vistosas fervenzas. Tras subir por unha esixente devasa chegaremos ó Área Recreativa de Castro co coñecido Bosque de Colón formado por grandes secuoyas. Dende este punto e pasando polo Campo de Golf de Meis chegaremos ao lugar de A Escusa, no que comenzaremos a subida ao pico Castrove duns 615 m de altitude e bonitas vistas da Ría de Arousa. O descenso realizaremolo pola cara noroeste ata A Escusa. A partir de eiquí os sendeiros e pistas de baixada serán por terras de laboura, eucaliptais e carballeiras, pasando por lugares como Río Mouro, Ucha e a Capela de San Martiño ata chegar de novo ao Área Recreativa da Seca e chegada aos coches pola senda costeira.

DIFICULTADE: Baixa, aproximadamente 26 km.

MATERIAL ACONSELLADO: Roupa e calzado cómodo e de abrigo, chuvasqueiro si hai previsión de choiva ou vento, comida e auga para o día, gorra, gafas de sol, crema solar e bastóns.

Localización

COMPARTIR:

Máis información

Organiza: Vogalía de Montañismo

Organiza: Vogalía de Montañismo

Localización: Monte Castrove
Poboación: Poio
Provincia: Pontevedra
País: España

Datas da actividade

1
Desde 19 Abril, 2026 ás 09:00 ,
ata o día 19 Abril, 2026 ás 19:00

Taboa de prezos

Tipo de billete Prezo
Socia/o FEDERADA/O menor 18 anos 5 €
Socia/o FEDERADA/O 10 €
SOCIA/O 13 €
MENOR de 18 anos 13 €
NON Socia/o 20 €